1.7. Filtros

  Filtros

       

Os filtros permiten acomodar os correos da bandexa de entrada na carpeta que lle sexa designada ou borralos, dependendo de certas regras que pode configurar o usuario, as cales se tomarán en conta para levar a cabo o filtrado dos correos entrantes.

     


      

As regras existentes son as regras tipo que veñen definidas por defecto no Webmail, aínda que non teñen por qué estar activadas, e son as seguintes:

    


   

Lista branca

Esta regra permite clasificar enderezos de correo electrónico coñecidos. Así cando chega unha mensaxe dun remitente que pertence a dita lista admítea, de tal forma que sempre recibiremos as mensaxes.

   

Ausencia

O filtro de ausencia consiste nunha mensaxe de auto-resposta que se envía aos remitentes das mensaxes que son recibidas na caixa de correo dun usuario cando este filtro está activado.

A notificación por ausencia responderá de forma automática a todo correo electrónico que chegue durante a ausencia do usuario que o activa (por exemplo: se está de vacacións ou se encontra fóra). Serve de mostra de cortesía cos demais para indicar o por qué os seus correos non obteñen resposta. 

Para activalo e definilo, hai que pulsar en “Ausencia” no menú de regras ou na barra superior de ferramentas. Para definir unha ausencia pódense empregar os seguintes campos que están agrupados en opcións básicas e opcións avanzadas. 

As opcións básicas son: 

  • Data de inicio da ausencia: data a partir da que data se empezará a auto- responder as mensaxes recibidas. 
  • Data de fin da ausencia: data a partir da que data se rematará de auto-responder as mensaxes recibidas. 
  • Asunto: o nome que vai aparecer identificando a mensaxe de auto-resposta. 
  • Motivo: o texto da mensaxe.

As opcións avanzadas son: 

  • Enderezos propios: lista dos enderezos propios asignados á caixa de correo que está a activar o filtro de ausencia. 
  • Enderezos aos que non se lle vai enviar a auto-resposta. 
  • Recadro para confirmar ou non se hai que enviar auto-resposta a mensaxes de listas de correo. 
  • Número de días entre auto-resposta: este número indica os días que deben transcorrer ata que un remitente que xa recibiu unha mensaxe de auto-resposta volva a recibila de novo.

   

Lista negra

Esta regra permite clasificar enderezos de correo electrónico non desexados. As mensaxes con estes remitentes serán enviados a unha carpeta especial elixida polo usuario ou serán eliminados.

  

Filtro de Spam

Ao recibir unha mensaxe, esta trae asociada unha puntuación que indica a probabilidade de que sexa correo non desexado, tamén chamado correo lixo ou Spam. Canto máis alta sexa a puntuación maior será a probabilidade. 

A regra de filtrado de Spam permite marcar o usuario o nivel de permisividade para clasificar as mensaxes como Spam, mediante a opción “nivel de spam”. Ademais, permite seleccionar a carpeta onde se almacenarán as mensaxes cuxa puntuación sexa maior ou igual que o nivel marcado na opción anterior.

   

Reenviar

Definindo esta regra pódense enviar a outro enderezo de correo electrónico as mensaxes recibidas (ou varios se se utiliza unha lista de enderezos, cada un en unha liña distinta). Ademais, tamén se pode activar unha opción para conservar na caixa de correo local unha copia das mensaxes recibidas.

  

  

  Correo corporativo       

Última modificación: Luns, 18 de Xaneiro de 2021, 12:46