1.4. Xestionar carpetas de mensaxes

  Xestionar carpetas de mensaxes

     

A creación de carpetas permítelle ao usuario gardar e clasificar as mensaxes que desexe conservar, movendo esas mensaxes ás carpetas creadas.

O sistema xa crea por defecto algunhas carpetas (por exemplo a carpeta "Spam") pero o usuario pode crear a maiores todas as carpetas que desexe.

Esta opción está dispoñible na parte inferior do menú lateral. Facendo clic sobre a opción "Operacións sobre as carpetas" como se observa na seguinte figura, pódense ver as opcións que se enumeran a continuación.

    

 

   

Carpeta nova

Esta opción permite crear unha carpeta nova.

 

Amosar todas as carpetas

Esta opción permite amosar todas as carpetas da caixa de correo a pesar de que non exista unha suscrición a mesma. Despois de pulsar esta opción é cando o usuario pode suscribirse a carpetas que non estiveran visibles pola falta de suscrición as mesmas.

 

Expandir todas

Esta opción permite expandir a árbore de carpetas e visualizar todas as subcarpetas.

 

Contraer todo

Esta opción permite visualizar unicamente as carpetas do nivel superior, ocultando todas as subcarpetas.

 

Rexenerar o listado de carpetas

Esta opción permite actualizar o listado de carpetas no caso de que se realizaran cambios no mesmo desde outro cliente de correo.

 

   

 

  Correo corporativo       

Última modificación: Martes, 12 de Xaneiro de 2021, 12:00