2.2. iOS. App de correo Apple Mail
Os usuarios que o desexen, poden configurar as súa conta de correo de “edu” no seu dispositivo móbil con sistema operativo iOS (Apple). Desta maneira, poderán acceder ao seu correo cómodamente desde o iPhone e/ou iPad.
O procedemento será diferente, dependendo de se xa existe unha conta de correo creada previamente na app “Mail” ou aínda non se creou ningunha conta.
![]() | AjustesUsaremos esta opción "Ajustes" cando xa exista previamente outra conta de correo configurada no dispositivo |
![]() | PROCEDEMENTO 1:Se aínda non existe ningunha conta de correo configurada no dispositivo.Neste caso entramos na app Mail, que na imaxe aparece na esquina inferior esquerda. |
![]() | Na pantalla de benvida da app Mail, pulsamos sobre a opción "Otra". |
![]() | Na seguinte pantalla introducimos os datos:
Nome: O noso nome completo Correo: O noso enderezo de correo (acabado en “.gal”) Contraseña: O contrasinal da conta Descripción: Unha pequena descrición que nos permita identificar esta conta entre outras que poidamos ter configuradas |
![]() | Na seguinte pantalla:
Asegurámonos de que estamos introducindo a configuración para IMAP Correo entranteHost: imap.edu.xunta.gal Usuario: O noso enderezo de correo (acabado en “.gal”) Contraseña: O contrasinal da conta Correo salienteHost: smtp.edu.xunta.gal Usuario: O noso enderezo de correo (acabado en “.gal”) Contraseña: O contrasinal da conta |
![]() | Finalmente só nos queda pulsar o botón "Guardar" |
![]() | PROCEDEMENTO 2:Se xa existe unha conta de correo previamente configurada no dispositivo.Pulsamos sobre a opción "Ajustes" |
![]() | Seleccionamos a opción "Contraseñas y cuentas" |
![]() | Como podemos observar na imaxe, neste dispositivo xa existe outra conta de correo configurada, neste caso de Gmail.
Para engadir unha nova conta de correo, pulsamos sobre a opción: “Añadir cuenta” IMPORTANTE: A partir de aqui, o procedemento é exactamente o mesmo que o explicado anteriormente. |
Última modificación: Martes, 12 de Xaneiro de 2021, 12:02