2.1. ANDROID. App de correo Google Mail
![]() | Os usuarios que o desexen, poden configurar as súa conta de correo de “edu” no seu dispositivo móbil con sistema operativo Android.
Desta maneira, poderán acceder ao seu correo cómodamente desde o seu smartphone. Realizaremos esta configuración en 5 pasos: 1º pasoIniciamos a app “Mail” e seleccionamos a opción de engadir unha nova conta. Na pantalla onde nos pide o tipo de conta de correo seleccionamos a opción “Otro (IMAP)” |
![]() | 2º pasoNa seguinte pantalla pídenos o noso enderezo de correo electrónico, así que teclearemos o noso enderezo de correo completo. IMPORTANTE: Debemos asegurarnos de que introducimos o enderezo rematado en “.gal” |
![]() | 3º pasoNa seguinte pantalla pídenos o nome de usuario para o correo entrante, que coincide co noso enderezo de correo. Os resto de datos a introducir nesta pantalla son os seguintes Servidor IMAP imap.edu.xunta.gal Puerto: 993 Tipo de seguridad: SSL/TLS |
![]() | 4º pasoNa seguinte pantalla pídenos o nome de usuario para o correo de saída, que coincide co noso enderezo de correo. Os resto de datos a introducir nesta pantalla son os seguintes Servidor SMTP smtp.edu.xunta.gal Puerto: 587 Tipo de seguridad: STARTTLS |
![]() | 5º pasoPor último, na seguinte pantalla pídenos o noso nome completo, polo que introduciremos o nome e os dous apelidos. |
Última modificación: Martes, 12 de Xaneiro de 2021, 12:01