4.2. Como crear grupos

  Como crear grupos

   

Como crear grupos

En Agueiro únicamente poden crear grupos os usuarios que teñen unha conta de usuario rexistrada .

Para crear un grupo, un administrador ou un xestor dunha comunidade debe ir ao menú "Colaborar -> Crear un grupo"

 

menu-grupos


 

Despois de pulsar o botón "Crear un grupo" mostraráse unha pantalla onde deberás seleccionar as opcións e a configuración que desexas asignarlle a este novo grupo.

O primeiro dato que debes introducir será o "Nome do grupo" e a continuación, se o desexas, poderás introducir unha pequena "Descrición do grupo", aínda que esta información é opcional.


nome-descricion-grupo.png

A continuación (debaixo das opcións de nome e descrición do grupo) móstrase un recadro moi longo titulado "Axustes" (Axustes do grupo) que permite seleccionar unha gran cantidade de opcións de configuración do propio grupo.

Neste recadro de "Axustes" podemos crear grupos con configuracións moi diferentes que nos permitirán personalizar cada grupo en función das nosas necesidades ou do uso que lle queremos dar ao grupo.

Esta sección de "Axustes" está dividida nos seguintes 5 apartados:

  1. Participación
  2. Contido
  3. Visibilidade
  4. Editable
  5. Xeral 

numero1.jpg Participación

 

grupos-axustes-participacion.png

Neste primeiro apartado configúranse as opcións relacionadas cos permisos de participación dos usuarios no grupo.

Resulta especialmente importante prestar atención á primeira opción "Grupo aberto" si-non.png

Como norma xeral, recomendamos crear grupos pechados (grupo aberto = Non) xa que os grupos abertos permiten a entrada no grupo a calquera usuario de Agueiro, aínda que non pertenza ao noso centro educativo.


numero2.jpg Contido

grupos-contido.png

No apartado "Contido" podemos decidir se todos os membros do grupo (ou parte deles) poderán crear e editar as páxinas do grupo, os blogs e os ficheiros.

Tamén poderemos decidir se permitimos que os membros do grupo poidan enviar as súas propias páxinas persoais ao grupo.


numero3.jpg Visibilidade

grupo-visibilidade.png

Neste apartado de "Visibilidade" podemos decidir se o grupo será visible (ou non) por calquera usuario que non pertenza ao propio grupo. 

Tamén podemos decidir se permitimos que este grupo apareza (ou non) no buscador de grupos de Agueiro, é dicir, nos resultados que mostra a ferramenta "Buscar grupos".


 numero4.jpg Editable

grupo-editable.png

No apartado "Editable" podemos determinar un determinado periodo de tempo no que as características do grupo poderán ser modificadas polos membros do propio grupo que teñan os permisos suficientes para facelo.


numero5.jpg Xeral

grupos-xeral.png

Por último, no apartado "Xeral" podemos decidir cómo se comportará o grupo con respecto ás notificacións que serán enviadas hacia os membros do propio grupo. 

 

 

icono-recordar.png

Debes recordar que ...
Os únicos usuarios autorizados para crear grupos son aqueles usuarios que dispoñen dunha conta de usuario rexistrada).

Se ti es un visitante anónimo ou non dispós dunha conta de usuario rexistrada, non poderás crear grupos.




  Agueiro      

Última modificación: Mércores, 1 de Novembro de 2023, 18:32