1.3 Compoñentes multimedia do armario

  Compoñentes multimedia do armario

EDIXGAL

Compoñentes multimedia


Os armarios de carga dispoñen de altofalantes propios situados nos laterais e conexión de audio con entrada de tipo minijack situada no interior do caixón superior frontal. Algúns dos últimos modelos de armarios de carga tamén dispoñen de conexión sen fíos de tipo bluetooth que pode ser activada por medio dun interruptor situado na parte posterior do armario.

 

Caixón superior (parte frontal)


Os compartimentos do caixón inclúen ranuras pasacables que permiten a ubicación interior de equipos multimedia coa posibilidade, incluso, de pechar o caixón para restrinxir o acceso desde o exterior sen necesidade de conectar/desconectar os cables cada vez que se abre ou pecha este caixón.

 

O armario de carga pode usarse con calquera fonte de son que poida conectarse por medio dun cable de son de tipo minijack (ordenador portátil, teléfono móbil, tablet, ...), conectando este cable ao conector identificado como "Audio in" que se atopa no interior do caixón.
Despois de conectar o cable, debemos activar o interruptor "Audio ON /OFF" para encender o módulo amplificador.
   
Interruptor de audio ON/OFF
   
Conector de audio tipo minijack
  

Os axustes de audio deben realizarse no equipo fonte, no equipo que produce o audio, xa que os altavoces e a amplificación incorporada no armario de carga non teñen control de volume.


Asa de transporte para desprazamentos

  

Saída de audio

  

Sistema de ventilación forzada

  

  



EDIXGAL

Última modificación: Luns, 13 de Xuño de 2022, 20:56