2.3 O taboleiro de aplicacións
O taboleiro de aplicacións
|
![]() |
Este elemento vai a mostrar un resumo das aplicacións preferidas e en execución. Calquera dos elementos que aquí aparecen abrirá a aplicación asociada simplemente ao facer click nel; no caso de estar a aplicación xa aberta, simplemente amosará a ventana activa da mesma.
Para cada elemento deste taboeiro tamén se o arrastramos ao escritorio, abrirá unha nova xanela do elemento.
Ao premer o botón dereito do rato enriba de calquera elemento do taboeiro abrese un novo menú contextual que permite:
- Xanela nova: Abre a aplicación nunha nova xanela do escritorio.
- Retirar dos marcadores: Neste caso elimina a icona seleccionada da barra de taboeiro.
- Mostrar detalles: Neste caso amosarase a información relativa a aplicación a que está facendo referencia a icona seleccionada.
Para engadir elementos novos a este taboleiro, simplemente cando temos localizada no escritorio da aplicación desexada, arrastramola co rato directamente a zona desexada dentro do taboleiro e xa quedará integrada no mesmo.
Tamén atopamos no menú contextual, que aparece ao premer o botón dereito do rato, de calquera elemento do escritorio a opción "Engadir aos favoritos", neste caso sempre o poñera ao fondo do taboleiro.
A última icona que aparece no taboleiro (reixa), serve para amosar os aplicativos instalados no sistema, e agrupaos en 2 categorías:
- Frecuentes: Ao premer nesta opción, van aparecer no escritorio as iconas das aplicacións máis empregadas, ou empregadas con máis frecuencia.
- Todos: No caso desta opción van aparecer agrupadas en diversos bloques (Accesorios, Ciencias, Educación,...) todas as aplicacións dispoñibles no sistema.
![]() |