2.5 Difuminar, pixelixar, numerar e recortar

  Difuminar, pixelizar, numerar e recortar 

EDIXGAL

Ferramentas de edición


 


   


Disimular partes da captura da pantalla para ocultar datos

Con esta ferramenta que permite disimular partes da imaxe, podemos ocultar determinados elementos que se mostran na imaxe (datos, textos, información, ...) de maneira que resulte evidente que esa parte foi ocultada intencionadamente. Na imaxe que se mostra a continuación utilizamos esta ferramenta para tapar o texto "Proxecto Abalar" que aparece na parte inferior da imaxe, de maneira que sexa evidente que ocultamos esa parte de maneira intencionada.

  


  

Pixelizar as áreas seleccionadas da imaxe para ocultar datos privados

Coa ferramenta "Pixelizar" podemos conseguir o mesmo obxectivo de ocultar a información que se mostra nunha parte da imaxe, pero esta vez cun efecto diferente. Despois de seleccionar esta ferramenta, marcamos a área da imaxe que queremos pixelizar e o resultado será similar ao que mostramos na seguinte imaxe, onde pixelizamos o texto "Proxecto Abalar" da parte inferior da imaxe.

  




Engadir unha forma autoincrementable (números) á captura de pantalla

Cando se selecciona esta ferramenta, cada clic que se fai sobre a imaxe convírtese nuha forma redonda numerada, con números consecutivos empezando polo número 1. Como se pode observar na imaxe seguinte, estas formas numeradas poden modificarse en canto a tamaño, cor, ... etc.

   


  

Recortar a captura de pantalla

A ferramenta "Recortar a captura" permítenos facer un recorte da imaxe que obtivemos na captura de pantalla, para quedarnos únicamente coa parte que nos interese. Na seguinte imaxe seleccionamos a zona dos logotipos de Debian a Linux para recortar e quedarnos só con esa zona en concreto.

   



  



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 14 de Decembro de 2019, 18:50