2.4 Rectángulos, elipses e textos
Rectángulos, elipses e textos |
![]() |
Ferramentas de edición
Debuxar un rectángulo
Tal como se pode apreciar na seguinte imaxe, a ferramenta "Debuxar un rectángulo" permite debuxar un recadro sobre a imaxe (no exemplo: sobre a cabeza de Tux, a mascota de Linux) no que podemos seleccionar tanto as características da liña que define os bordes, como as características do interior do recadro (recheo). Pulsando sobre as diferentes opcións da barra de ferramentas inferior, podemos establecer as características do recheo, cor do trazo, largo da liña (ancho), ...
Debuxar unha elipse
A ferramenta "Elipse" permite crear formas redondeadas pechadas sobre a imaxe (círculos, elipses) nas que podemos decidir sobre as súas características, como no resto de ferramentas. Na imaxe que se ve a continuación podemos apreciar un círculo e unha elipse con liña vermella para o borde e unha cor de recheo cunha opacidade do 50%. O nivel de opacidade da cor de recheo permite determinar en que grao se poderá ver a parte da imaxe que queda tapada pola elipse.
Engadir un texto á captura
A ferramenta de texto permite escribir un texto sobreimpresionado na imaxe, en calquera parte da imaxe, coas características que desexemos para o tipo de fonte do texto. Despois de seleccionar a ferramenta de texto, facemos clic sobre a zona da imaxe na que queiramos escribir e comprobaremos como aparece un novo recadro coas preferencias do texto. Na imaxe que se mostra a continuación escribimos un texto de cor vermella sobre a imaxe, con tipo de letra Sans 16.
![]() |