2.2 O menú de ferramentas
O menú de ferramentas |
![]() |
Menú "Ferramentas"
O menú "Ferramentas", situado na barra superior de ferramentas, preséntanos todas as ferramentas de edición de imaxe dispoñibles na barra vertical do lateral esquerdo da pantalla. Para cada ferramenta indícanos tamén a combinación de teclas de acceso rápido.
Todas estas ferramentas podemos atopalas tamén, en forma de iconas, na barra vertical esquerda da pantalla, o que nos permitirá acceder a elas de forma rápida e sinxela cando estamos editando unha captura de pantalla.
Nos seguintes apartados veremos as funcionalidades de cada unha delas.
![]() |
Última modificación: Domingo, 15 de Decembro de 2019, 19:25