1.2 Captura de imaxes
Captura de imaxes |
![]() |
Cando o usuario pulsa sobre o menú "Ficheiro" despléganse as diferencias opcións de captura de pantalla.
- Selección
Permite realizar unha selección rectangular, usando o rato, de toda ou parte da pantalla. - Escritorio
Realiza unha captura da totalidade do Escritorio. - Xanela activa
Captura a xanela que está activa nese momento. - Seleccionar unha xanela
Permite seleccionar cal será a xanela que se captura, facendo un clic sobre ela co rato. - Sección
Captura únicamente unha sección da xanela. Podes seleccionar os elementos da xanela movendo o rato sobre eles. - Menú
Seleccionar un menú ou unha cascada de menús de calquera aplicativo. - Suxestión
Capturar unha suxestión (menú emerxente, alerta) de calquera aplicativo. - Web
Esta función permite capturar unha web enteira, pero necesita a instalación previa de "gnome-web-photo". - Importar desde o portapapeis
Convirte en captura de pantalla, unha imaxe copiada ou almacenada na memoria (portapapeis).
De forma combinada coas opcións anteriores, o usuario pode teclear na opción "Retraso" (esquina inferior dereita de Shutter) o número de segundos que necesita para preparar os menús ou as xanelas das que quere realizar a captura. A captura de pantalla realizarase automáticamente ao finalizar a conta atrás do número de segundos introducido polo usuario.
![]() |
Última modificación: Martes, 10 de Decembro de 2019, 18:04