1.1 Introdución a Shutter
Introdución a Shutter |
![]() |
Que é Shutter
Shutter é un aplicativo que nos permite realizar capturas de pantalla personalizadas e tamén facer as tarefas de edición de imaxe máis habituais e básicas. Entre as características e funcionalidades que incorpora Shutter podemos destacar as seguintes:
- Captura do escritorio enteiro
- Captura de ventás independentes
- Captura de zonas de selección libre
- Capturar uhna páxina web completa
- Captura de menús desplegables e menús contextuales.
- Captura do texto de axuda, como o que aparece cuando pasamos o rato por encima dunha icona.
Iniciando Shutter
Shutter atópase no menú "Accesorios", polo que para iniciar o aplicativo debemos seleccionar a seguinte ruta de menú:
"Aplicativos - Accesorios - Shutter"
A pantalla principal móstranos a barra de menús superior (Ficheiro, Editar, Visualización, Captura de pantalla, Ir, Axuda), debaixo a barra de iconas de acceso rápido que contén a icona de inicio das ferramentas de edición. Na barra inferior, debaixo da área de traballo, podemos atopar algunhas funcionalidades máis como o programador de retardo para a captura de pantalla ou o check para decidir se queremos incluír o punteiro do rato dentro da captura ou non.
![]() |