Descarga e instalación das actualizacións do software do panel

  Actualización do software do panel

    

Actualización do software do panel

 

A actualización do software do panel realízase mediante a distribución de imaxes FOTA (Firmware over the air). O proceso consta de dous pasos: descarga e instalación.

  • Para a descarga do software o panel debe estar conectado a internet, ben de xeito cableado ou ben mediante unha conexión sen fíos.


Menú
Configuración  > Sistema > Actualización do sistema

Actualización do sistema



  • O primeiro paso será comprobar a existencia de posibles actualizacións, premendo en Comprobar a actualización:

Comprobación

  • En caso de existir novas actualizacións dispoñibles aparecerá a seguinte imaxe.
    •  Premer no botón Descarga.

descarga


  • Iniciarase a descarga das actualizacións dispoñibles.
    • Marcando o check Actualización automática despois da descarga a instalación comezará en canto remate a descarga. 

descargando

  • Unha vez finalizado o proceso de descarga procederase á instalación das actualizacións premendo no botón Instalar .

Instalar


  • Saltará un aviso de actualización con indicación da versión de software a instalar.
    • Os oito primeiros díxitos indican a data da versión de actualización (neste caso 21 de xullo de 2023)

Mensaxe Instalación

  • Premendo en Confirmar iniciarase o proceso de instalación.
    • É moi importante non interromper o proceso de instalación das actualizacións de software do panel.
    • É posible que sexan necesarios varios reinicios ata que se complete o proceso.

Instalando a actualización


  • Unha vez finalizada a actualización o panel quedará aceso na pantalla de inicio.

icono-recordar.png

Debes ter en conta que...

O panel debe estar conectado a internet para a comprobación e descarga das versións de software dispoñibles.

A actualización do software consta de dous pasos: descarga e instalación.

Corresponde aos centros educativos lanzar as actualizacións dispoñibles de xeito manual para cada panel.

É moi importante non apagar o panel durante o proceso de instalación das actualizacións.




 

Última modificación: Xoves, 21 de Decembro de 2023, 13:05