O menú Administrador

  O menú Administrador

    

O menú Administrador

 

Para asegurar a operatividade do panel, impedindo cambios de configuración ou o establecemento de patróns de bloqueo por usuarios non autorizados, a opción Configuración >  Administrador permite establecer un contrasinal de administrador que se solicitará cada vez que se acceda aos axustes de configuración do sistema.



Administrador



Unha vez establecido o contrasinal de administrador aparecerá a seguinte pantalla, coas seguintes opcións de bloqueo:

  • Bloque de configuración: Permite modificar ou eliminar o contrasinal de administrador.
  • Bloque de rede: Impide que o usuario do panel poda modificar a configuración de rede do panel (tanto cableada como wifi).
  • Bloqueo USB: Inhabilita os portos USb do panel.
  • Fonte descoñecida: Impide a instalación de aplicacións mediante arquivos apk de Android.

Opcións administrador



icono-recordar.png

Debes ter en conta que ...

O establecemento dun contrasinal de administrador impide aos usuarios acceder á configuración do sistema operativo do panel, asegurando así a súa operatividade.

Recoméndase establecer un contrasinal de administrador para impedir que os usuarios podan establecer un patrón de bloqueo que deixe inutilizado o panel. (Débese ter en conta que no caso de non lembrar o contrasinal de bloqueo será preciso a restauración a valores de fábrica, para o que será preciso abrir unha incidencia na Unidade de Atención a Centros).

En caso de non lembrar o contrasinal de administrador será preciso abrir unha incidencia na Unidade de Atención a Centros (UAC). Neste caso non será necesaria a restauración a valores de fábrica do panel.



 

Última modificación: Xoves, 21 de Decembro de 2023, 11:03