2.4. Control de aula con SmartClassroom

  Control de aula con SmartClassroom

EDIXGAL

Control de aula

As opcións de control de aula actívanse pulsando o botón dereito do rato.

 

Opcións do botón dereito do rato nas unidades Smart Netex

1. Diríxete aqui

Esta función permite que todos os alumnos se dirixan a un punto concreto dunha lección.

Para activar a función:

  1. Pulsamos co botón dereito do rato sobre calquera área do tema
  2. Seleccionamos a opción "Diríxete aquí"
  3. Agora co botón esquerdo do rato, facemos clic no punto concreto da lección onde queremos que vaian os alumnos.

Con este procedemento, todos os alumnos que estean conectados a esa unidade, tanto se están nesta lección como se están noutra, serán dirixidos automaticamente ao punto seleccionado.

2. Bloquear pantalla

Esta función bloquea a navegación dos alumnos entre leccións. Poderán navegar na lección e interactuar con ela (consultar contidos, responder actividades...) pero non poderán ir a outras leccións.

Para activar a función:

  1. Pulsamos o botón dereito do rato sobre calquera área do tema.

  2. Seleccionamos “Bloquear pantalla”.

Ao bloquear, todos os alumnos conectados á unidade serán redirixidos á lección e seralles bloqueada a navegación. Tanto docente como alumno verán un aviso na zona superior da pantalla.

 

Indicador de pantalla bloqueada

 

Para desbloquear a pantalla:

Pulsamos novamente co botón dereito do rato e seleccionamos a opción "Desbloquear pantalla"-

 

3. Bloquear alumnos

Esta función está pensada para que os alumnos deixen o que están facendo coa unidade e presten atención ao profesor/a, o que lle permitirá realizar explicacións ou exposicións na pizarra.

Para activar a función:

  1. Pulsamos co botón dereito do rato sobre calquera área do tema
  2. Seleccionamos a opción "Bloquear alumnos"

Na pantalla dos alumnos aparecerá o seguinte aviso e non poderán seguir interactuando de ningunha maneira coa unidade.

Bloquear alumnos Smart

 

Para desbloquear, pulsamos co botón dereito do rato e seleccionamos a opción "Desbloquear alumnos".

 



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 20 de Setembro de 2023, 11:22