1.4. Engadir noutra materia a versión personalizada do tema

  Engadir noutra materia a versión personalizada do tema

EDIXGAL

Engadir noutra materia a versión personalizada do tema

Despois de facer unha copia do tema orixinal (visto no apartado anterior), se desexamos engadir esta copia personalizada noutra materia (ou incluso noutro apartado da mesma materia) debemos proceder da seguinte maneira:

En primeiro lugar entramos na materia na que desexamos engadir a copia personalizada e activamos o "Modo de edición" situado na esquina superior dereita da pantalla. 

Modo de edición

Na vista dos temas en formato editable,  pulsamos no enlace "Engadir unha actividade ou un recurso" dentro do tema onde queiramos introducir a copia que realizamos anteriormente do recurso de aulaPlaneta. 

 

Engadir actividade ou recurso

 

No recadro emerxente que aparece a continuación, seleccionamos a opción "CE AulaPlaneta - Unidade":

 

Engadir unha unidade de Aula Planeta

 

No seguinte paso seleccionamos a copia do recurso orixinal que gardamos anteriormente. Seleccionamos a catalogación  ("Curso", "Materia" e "Tema") onde gardamos anteriormente a nosa copia do recurso de aulaPlaneta. 

Podemos comprobar que a nosa copia preséntase agora cun engadido similar a {Prof. 254652} ao lado do título que nós mesmos lle puxemos a esta copia. Desta maneira, todos os títulos que conteñan ese mesmo engadido {Prof. 254652} corresponden a copias realizadas por nós de contidos orixinais de aulaPlaneta.

Finalmente, pulsamos o botón "Gardar e volver á materia"

 Engadir unha unidade

  

Importante Se un mesmo profesor/a engade a copia personalizada do tema en varias materias, todas esas copias quedan vinculadas entre si de maneira que calquera cambio ou modificación que se faga nalgunha delas verase reflectido tamén en todas as demais copias vinculadas.

 

  



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 20 de Setembro de 2023, 11:19