Instalación de novas aplicacións no panel

  Instalación de aplicacións no panel (arquivos apk, Play Store)

    


Os paneis interactivos distribúense sen ningunha limitación en canto á posibilidade de instalación de novas aplicacións.



Instalación de aplicacións no panel mediante arquivos apk


As aplicacións en Android empaquétanse mediante arquivos APK (Android Application Package).

Así pois, os ficheiros apk son executables que conteñen toda a información necesaria para instalar e facer funcionar unha aplicación nun dispositivo Android.

A instalación de arquivos apk é directa a partir da fonte do ficheiro: un simple click no nome do mesmo iniciará o proceso de instalación.



Instalación de aplicacións desde Play Store


 Play StoreTamén é posible instalar aplicacións desde a Play Store de Android, para o cal será preciso configurar unha conta de correo (queda a elección do centro a posibilidade de facer uso desta opción). Neste caso a recomendación é non empregar en ningún caso contas corporativas ou de carácter persoal, ao tratarse dun dispositivo de uso compartido.






icono-recordar.png

Debes ter en conta que ...

A responsabilidade das aplicacións instaladas no panel recae no centro educativo.

Debemos ser moi coidadosos á hora de instalar novas aplicacións no panel, xa que poden comprometer a seguridade do sistema ou provocar problemas de rendemento (a recomendación é instalar só as que resulten imprescindibles e sempre desde orixes fiables).

Ademais, debemos ter en conta que moitas apps gratuitas incorporan publicidade que pode resultar non apropiada nun contexto educativo.

Se despois de instalar unha app observamos un peor funcionamento do sistema a recomendación sería proceder á desinstalación da mesma. No caso de persistir o problema, será necesario restaurar o sistema a valores de fábrica, para o que será necesario abrir unha incidencia na Unidade de Atención a Centros (UAC). Este proceso implica a perda de todos os datos almacenados no sistema.




 

Última modificación: Martes, 28 de Febreiro de 2023, 12:10