3.8. Matrices de valoración
Que son as matrices de valoración |
Que son as matrices de valoración
As matrices de valoración (SmartEvidence) permiten traballar en Agueiro con marcos de competencias e asocialos ás coleccións de páxinas dos usuarios para poder avaliar as páxinas que compoñen as coleccións en base a estas matrices de valoración.
Para que un usuario poida traballar con matrices de valoración nas súas páxinas, un administrador da comunidade dixital á que pertence ese usuario debe habilitar esta funcionalidade na pantalla de configuración da propia comunidade.
Menú = "Administrar - Comunidades - Habilitar matrices de valoración"
Os usuarios que non pertencen a ningunha comunidade non teñen acceso a esta funcionalidade.
Como se usan as matrices de valoración
IMPORTANTE: As matrices de valoración asócianse ás coleccións de páxinas, pero a avaliación realmente faise sobre cada unha das páxinas que compoñen a propia colección.
Na pantalla de edición da colección,
o usuario debe seleccionar a matriz de valoración que desexa asociar a esta colección.
NOTA: Debes compartir esta colección (as páxinas que a compoñen) co usuario profesor que desexes que realice a avaliación.
Despois de asociar unha matriz de valoración coa colección, cando o usuario accede de novo á colección pode comprobar que a primeira páxina da colección agora é a matriz de valoración, é dicir, a matriz de valoración móstrase como páxina inicial da colección.
O estado inicial de todos os elementos a valorar é "Non dispoñible para valorar" ( )
O usuario deberá pulsar sobre o punto gris ( ) que corresponda cos elementos que desexe que valore o/a profesor/a.
Cando o usuario cambia o estado do elemento, este pasa ao estado "Listo para ser valorado" ( ).
Non dispoñible para valorar (estado inicial) | |
Listo para ser valorado | |
Incompleto | |
Parcialmente completo | |
Completo |
NOTA: Se desplazas o rato por encima dos elementos da matriz de valoración, podes ver que aparecen cadros emerxentes con máis información de cada elemento.
Cando o usuario pulsa sobre o punto gris, ábrese unha ventá emerxente onde o usuario deberá facer unha anotación (a anotación que desexe facer o usuario) para que este elemento pase automáticamente ao estado de "Listo para ser valorado".
Cada un dos aspectos, pode ser valorado polo profesor/a como "Incompleto", "Parcialmente completo" ou "Completo" e ademáis engadir un comentario a modo de "feedback".
Deberás pulsar o botón "Gardar" para que se garde a avaliación e que cambie o estado do elemento.
Agueiro |