5.8. Notas compartidas entre os participantes

   BigBlueButton: notas compartidas

EDIXGAL

BigBlueButton

Ademáis das conversas, no panel lateral esquerdo pódese seleccionar a opción de "Notas compartidas".

Notas compartidas


Esta opción permítenos realizar anotacións nunha zona común de xeito colaborativo. Esta opción conta cunha pequena ferramenta de editor de texto que lle permite certas configuración dos formatos. Todos os usuarios poden facer modificacións nestas notas compartidas sempre que o moderador non lle teña bloqueada esa función. 

Ao rematar a xuntanza ou en calquera momento intermedio, pódense facer descargas do contido das notas en distintos formatos de arquivo, utilizando o botón "Exportar a diferentes formatos de archivos". 

Ese arquivo pode ser de utilidade como referencia para profesor e alumnos sobre a sesión actual e pode ser interesante, incluso, subilo ao propio curso para posteriores consultas. 

  

Exportar notas compartidas

     


EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 20 de Xaneiro de 2022, 11:18