7. Principais funcionalidades durante unha videoconferencia
Tanto se ti es é o anfitrión/a da reunión virtual como se es un invitado, durante unha reunión en Falemos terás dispoñibles diferentes funcionalidades que mostramos na seguinte imaxe.
- Número de participantes da sala
- Neste espazo visualízase a persoa que está a falar ou a pantalla que se está a compartir
- Compartir a pantalla
- Solicitar a palabra durante a reunión
- Ocultar/Amosar o chat da reunión (visible para todos os participantes).
- Silenciar/Activar o micrófono
- Saír da videoconferencia
- Desactivar/Activar a cámara
- Cambiar o modo no que se amosan os participantes (vista en mosaico)
- Copiar a ligazón da sala para compartila
- Opcións de seguridade para a sala
- Opcións avanzadas
- Nesta zona móstrase a imaxe de cada un dos participantes (sempre que se teña a cámara activada). As persoas anfitrioas identificaranse cunha estrela na parte inferior dereita da imaxe.
Última modificación: martes, 17 de novembro de 2020, 4:12 PM