5.8. Xestión de usuarios caducados

  Xestión de usuarios caducados

 

    

icono-importante.png IMPORTANTE: As opcións descritas neste apartado únicamente están dispoñibles para os administradores da comunidade.

    

    

Administrar a caducidade das contas de usuario

 

Os administradores dunha comunidade dispoñen da opción de xestionar a caducidade das contas de usuario dos membros da súa comunidade dixital. 

UTILIDADE: A data de caducidade resulta útil cando queremos que caduquen automáticamente as contas dos alumnos que abandonan o centro ao finalizar a súa etapa educativa. Deste xeito, a propia plataforma encargarase de desactivar as contas deses usuarios cando se cumpla a data establecida.

  

Desde o menú "Administrar - Usuarios - Usuarios suspendidos e caducados" podemos acceder á pantalla de xestión desta funcionalidade.

 


Xestionar usuarios caducados

Os administradores dunha comunidade poden establecer a data de caducidade das contas de usuario dos membros da súa comunidade, desde a pantalla de axustes da conta de cada usuario.  

Para establecer unha data na que caducará automáticamente a conta dun usuario, o administrador da comunidade pode acceder aos axustes desa conta de usuario desde a pantalla de busca de usuarios, facendo clic sobre o dato "nome de usuario". 

   


   

Desde a pantalla de "axustes da conta", podemos acceder ao apartado "caducidade da conta" que nos permite establecer unha data a partir da que ese usuario en concreto xa non poderá seguir accedendo a Agueiro.

  


 

Unha vez establecida a caducidade e gardados os cambios, poderemos xestionar simultáneamente a caducidade de todas as contas de usuario caducadas, desde a pantalla "Administrar - Usuarios suspendidos e caducados". 

Nesta pantalla visualizamos un listado de todos os usuarios caducados na comunidade e poderemos "reactivar" masivamente todas as contas de usuario en calquera momento. Ademáis, desde esta mesma pantalla, tamén poderemos borrar masivamente todas ou parte das contas dos usuarios.

 




        

  Agueiro      

Última modificación: Venres, 13 de Maio de 2022, 12:14