2.3 Renomear un ficheiro ou un cartafol
Accións con ficheiros e cartafoles |
Renomear un ficheiro ou un cartafol
Para cambiar o nome a un ficheiro ou a un cartafol, facemos clic co botón dereito do rato sobre ese elemento e seleccionamos a opción "Renomear".
A continuación aparecerá un recadro que nos permite introducir un novo nome para ese elemento.
No caso de cambiar o nome a un ficheiro, o procedemento será exactamente o mesmo pero neste caso poderemos comprobar que nos aparece seleccionado únicamente o nome do ficheiro, mantendo a mesma extensión de ficheiro.
Última modificación: domingo, 22 de decembro de 2019, 8:19 PM