2.1 Abrir un ficheiro

  Accións con ficheiros e cartafoles

EDIXGAL

Abrir un ficheiro

Para abrir un ficheiro faremos doble clic sobre o ficheiro, ou tamén pulsando co botón dereito do rato podemos seleccionar a opción "Abrir con ...". Se queremos abrir o ficheiro con outro programa distinto ao que se abre por defecto podemos utilizar a opción "Abrir con outro aplicativo" para seleccionar calquera outro dos aplicativos instalados no sistema.

   


   

Para cambiar o programa que utilizamos por defecto para abrir este ficheiro e todos os do seu mesmo tipo, pulsamos co botón dereito e seleccionamos "Propiedades-> Abrir con". Comprobaremos que nos mostra unha lista cos programas que xa utilizamos e un deles estará activo e seleccionado. Neste mesmo apartado podemos seleccionar outro programa para utilizalo a partir de agora por defecto para abrir este tipo de ficheiros. 

  


        

  

    


EDIXGAL

Última modificación: Domingo, 22 de Decembro de 2019, 20:13