1.2 Área de traballo de Nautilus

  Área de traballo de Nautilus

EDIXGAL

Área de traballo

A área de traballo mostra o contido do cartafol activo ou seleccionado en cada momento. Os elementos que se mostran nesta área de traballo son ficheiros, cartafoles, localizacións e enlaces.

    

Organizar elementos
    

Podemos organizar os elementos que se mostran na área de traballo facendo unha ordenación dos elementos según varios criterios:

  • alfabéticamente por nome (A - Z)
  • alfabéticamente por nome (Z - A)
  • por data de modificación (ascendente)
  • por data de modificación (descendente)
  • por tamaño
  • por tipo
  • manualmente, o que nos permitirá situar os elementos no lugar que nós desexemos.

    

 

     

Iconas e listas
     

Os elementos poden ser mostrados como iconas ou como lista de elementos:

  • Iconas: cada elemento móstrase cunha icona según o tipo de ficheiro (ou cartafol) e, incluso, se está activada a vista rápida, móstrase unha miniatura con parte do seu contido.
  • Listas: cada elemento móstrase nunha fila (columna) mostrando información específica de cada un.

  


    

     

Zoom

   

Coa ferramenta de Zoom podemos cambiar o tamaño das iconas ou das filas (columnas) da lista. Con esta ferramenta en ningún caso modificamos o contido dos cartafoles ou ficheiros, únicamente aumentamos ou reducimos o seu tamaño en pantalla.

     


   
 

Mostrar ficheiros ocultos

Nos sistemas Linux os ficheiros ocultos (non visibles) son aqueles que o seu nome empeza por un punto "." seguido inmediatamente (sen espazo) do nome do ficheiro. Con este procedemento, os usuarios tamén poden ter os seus propios ficheiros ocultos que non se mostran nunha visualización normal. Na imaxe que se mostra a continuación poden verse os ficheiros ocultos que se mostran ao pulsar esta opción.

  

 

Barra de lugares (barra de direccións)

 

A barra de lugares, tamén denominada barra de direccións, mostra a ruta ata o cartafol activo ou seleccionado. Cada botón desta ruta corresponde a un dos cartafoles polos que hai que pasar desde o raíz ata chegar ao cartafol actual. Só un dos botóns aparece presionado, que corresponde ao cartafol activo, de maneira que facendo clic sobre estes botóns podemos cambiar o cartafol activo.

  



Panel lateral (barra lateral)

  

Desde panel lateral temos acceso aos cartafoles por defecto existentes na área persoal do usuario (cartafol persoal), asi como tamén á icona de "Lixo" e o despregable "Outras localizacións" que nos da acceso ás localizacións dispoñibles na rede á que pertence o noso equipo.

      




EDIXGAL

Última modificación: Mércores, 18 de Decembro de 2019, 15:23