Inicio
Aplicativo do Concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)
Para acceder á información relacionada co concurso de adxudicación de destinos provisionais. Prema aquí
-
1.-Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria
O prazo para formular reclamacións á adxudicación provisional do concurso para o corpo de mestres é corpos de secundaria é o comprendido entre os días 27 e 28 de xullo de 2023 e deberá seguir os pasos descritos a continuación:
1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia aquí e identifíquese coa súa Chave 365.
2º Localice o expediente correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais e prema no botón Acción: Alegacións (no caso de que se lle recuperara a súa solicitude de convocatorias anteriores ou non finalizase correctamente a presentación en sede e non poida realizar accións sobre o expediente deberá empregar a solicitude xenérica PR004A dispoñible na sede para formular as alegacións).
3º Cubra o formulario, asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.
4º Descargue o recibo electrónico de presentación da súa reclamación.
AVISO: o trámite activarase o xoves día 27 de xullo de 2023
-
2.-Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria
O prazo para formular renuncias á adxudicación de destinos provisionais comprende os días 27 e 28 de xullo de 2023, ambos incluídos, e será preciso proceder do seguinte xeito:
Só poderá empregar esta opción o persoal funcionario interino.
1º Acceder á aplicación CADP e identificarse.
2º Ir ao menú Instancias e indicar as instancias ás que se renuncia (Columna accións)
3º Descargue o comprobante da renuncia ou renuncias que presentou, este comprobante non é necesario que o presente.
4º No caso de renunciar a todas as especialidades, a aplicación solicitaralle na última especialidade a que renuncie que indique a causa e achegue a documentación xustificativa. Só se permite engadir un arquivo de modo que no caso de que necesite achegar máis dun deberá xuntar todos os arquivos nun arquivo comprimido e engadir este na aplicación informática.
No caso de pertencer a outro colectivo distinto do de persoal interino: deberá empregar o formulario de solicitude xenérica PR004 e seguir os pasos descritos no apartado de reclamacións (punto 1) para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos.Estas persoas para formular a renuncia á participación, unha vez presentada esta na sede electrónica, deberán:
Posteriormente formular no mesmo prazo conferido un correo electrónico dirixido a persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal, segundo a adscrición da especialidade á que renuncian na que se xuntará o/s trámite/s presentado/s na sede electrónica e no asunto sinalará: renuncia coa especificación da/s especialidade/s na/s que non desexa participar
AVISO: o trámite activarase o xoves día 27 de xullo de 2023
Teléfonos de contacto:
1) Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486
2) Mestres: 981 54 44 83, 981 54 54 95, 881 99 58 87
Enderezos de correo electrónico:
Profesorado de secundaria: persoal.secundaria @edu.xunta.gal
Mestres: persoal.primaria @edu.xunta.gal