Inicio


 

  • PRAZO DE SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZO EN ATENCIÓN A SITUACIÓNS DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2024/25

O único prazo de solicitude de comisión de servizos por concicliación da vida laboral e familiar é do 15 de abril de 2024 ao 26 de abril de 2024, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.


 

INSTRUCIÓNS SOBRE A SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZOS POR CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL:

  • Paso 1: Solicitude dunha comisión de servizos por conciliación familiar e laboral

1 Para solicitar unha comisión de servizos deberá acceder ao enderezo http://www.edu.xunta.gal/cadp

2 Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade... unha vez cubertos prema en “comezar solicitude”. Se participou en “cadp” recuperaralle a última solicitude que realizou.

As persoas interesadas poderán, se é o caso, modificar a “modalidade de participación”.

En todo caso, as persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o caso:

  • No caso de embarazo, informe médico coa data probable de parto

  • Certificación literal de nacemento ou copia do libro de familia actualizado

  • Copia de sentenza xudicial pola que se establece a custodia compartida

  • Copia da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou o acollemento permanente ou preadoptivo.

  • Copia da resolución administrativa de acollemento permanente ou preadoptivo cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

  • Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% dos fillos ou fillas menores de doce anos, cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

3 Os seguintes datos consultaranse automaticamente e, polo tanto, non será necesario que achegue a documentación acreditativa, sempre que a persoa interesada exprese o seu consentimento:

  • Identidade da persoa solicitante ou representante

  • Certificado de residencia da persoa solicitante

  • Resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% dos fillos ou fillas menores de doce anos cando fose expedida pola Xunta de Galicia

  • Resolución administrativa de acollemento permanente ou preadoptivo respecto dos fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando fose expedida pola Xunta de Galicia.

4 Unha vez cuberta con todos os datos e as peticións de centros/localidades deberá “validar a instancia” e presentala electronicamente tal e como se indica no Paso 2.

5 Logo de presentar a solicitude na Sede Electrónica non poderá modificala. Podería realizar unha nova solicitude, entendendo que a única válida é a presentada en último lugar.

IMPORTANTE: O persoal docente que teña a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais e que solicite unha comisión de servizos por conciliación familiar e laboral ademais terá que efectuar unha solicitude pola modalidade ordinaria.

  • Paso 2: Presentación electrónica da solicitude (para acceder á Sede Electrónica debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave 365)

Prema no botón "Enviar a Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude (Anexo I) á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A continuación, amosaráselle unha ligazón “Ir á Sede Electrónica” para presentar a súa solicitude (Anexo I) electronicamente.

Logo de acceder á sede electrónica, o sistema ofreceralle a opción de achegar a documentación previamente dixitalizada en formato electrónico na pestana “Anexar documentación”. Logo de anexada a documentación, deberá premer na icona “continuar” e pasará ao paso de asinar a solicitude e presentar a documentación xa anexada, onde deberá premer a incona correspondente a “Asinar e presentar no Rexistro”.

Logo de asinada e presentada electronicamente a súa solicitude coa documentación anexada, o derradeiro paso é premer na pestana de “Obter recibo” onde lle indica que “A súa solicitude foi presentada correctamente no rexistro electrónico da Xunta de Galicia” e ten a opción de gardar/imprimir o xustificante de presentación da solicitude e a solicitude asinada electronicamente.

IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.

Teléfonos de contacto:

1) Profesorado de secundaria: 981545255, 881-995891, 981-957910, 981-545445

2) Mestres: 981544488, 981 545495, 981 544483

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.gal

Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.gal

  • PRAZO DE SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZO EN ATENCIÓN A SITUACIÓNS PERSOAIS ESPECIAIS POR MOTIVOS DE SAÚDE PARA O CURSO ACADÉMICO 2024/25

O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde é do 15 de abril de 2024 ao 26 de abril de 2024, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

INSTRUCIÓNS SOBRE A REALIZACIÓN DA SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZOS POR RAZÓNS DE SAÚDE

  • Paso 1: Solicitude dunha comisión de servizos por razóns de saúde

1 Para solicitar unha comisión de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp.

2 Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade... unha vez cubertos prema en “comezar solicitude”. Se participou en “cadp” recuperaralle a ultima solicitude que realizou.

3 O persoal docente que non depende da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (o persoal docente procedente doutra comunidade autónoma) poderá formular a solicitude identificándose mediante un certificado dixital ou ben coa conta de correo edu.xunta.gal e o seu contrasinal. O persoal docente procedente doutra comunidade autónoma que desexe solicitar unha conta de correo temporal no enderezo https://www.edu.xunta.gal/contausuario/ debe achegar por correo electrónico, nos enderezos que se indican ao final destas instrucións, a seguinte documentación dixitalizada:

    1. Certificación expedida polo órgano competente da administración da que dependa con indicación expresa dos seguintes datos:

      1. Nome, apelidos e NIF, Corpo ao que pertence e especialidade/s das que é titular e ten recoñecida/s

      2. Data de nomeamento/posesión de persoal funcionario de carreira

      3. Situación administrativa actual

      4. Causa de acceso e dato do último destino (concurso, expectativa...)

      5. Puntuación obtida na oposición

    2. Datos: enderezo/domicilio, dirección de correo e un número de móbil, no que recibirá unha clave de activación (PIN) para activar a súa conta de correo no enderezo http://www.edu.xunta.es/contausuario/, e elixir a opción 2.2 “Activar conta”.

    3. Seguidamente, poderá solicitar comisión de servizos na seguinte dirección www.edu.xunta.gal/cadp.

4 En todo caso, as persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Informe actualizado do persoal médico de atención primaria e/ou especialista acreditativo da enfermidade/s alegada/s. Enténdese por informe actualizado o que estea emitido no ano no que se realiza a solicitude

  • Copia da resolución administrativa de recoñecemento de grao de discapacidade do persoal docente solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, para aquelas circunstancias en que sexa de aplicación

    No suposto de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde dunha persoa familiar achegarase ademais:

  • Certificación literal ou copia do libro de familia actualizado

  • Certificado de empadroamento colectivo da persoa solicitante

  • Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia

  • Anexo II: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas

Os seguintes datos consultaranse automaticamente e, polo tanto, non será necesario que achegue a documentación acreditativa, sempre que a persoa interesada exprese o seu consentimento:

  • DNI/NIE da persoa solicitante ou da persoa representante.

  • Resolución administrativa de recoñecemento de grao de discapacidade do persoal docente solicitante cando fose expedida pola Xunta de Galicia, para aquelas circunstancias en que sexa de aplicación

    No suposto de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde dunha persoa familiar comprobarase ademais:

  • DNI/NIE da persoa familiar. Para estes efectos, será preciso que o/a cónxuxe, parella de feito ou persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cubra e asine o anexo II agás no caso de menores de idade, en cuxo caso o documento deberá ser asinado por unha das persoas proxenitoras, persoa titora ou representante legal.

  • Resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cando fose expedida pola Xunta de Galicia. Para estes efectos, será preciso que o/a cónxuxe, parella de feito ou persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cubra e asine o anexo II agás no caso de menores de idade, en cuxo caso o documento deberá ser asinado por unha das persoas proxenitoras, persoa titora ou representante legal.

  • Resolución administrativa de recoñecemento dun grao de dependencia do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante. Para estes efectos, será preciso que o/a cónxuxe, parella de feito ou persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cubra e asine o anexo II agás no caso de menores de idade, en cuxo caso o documento deberá ser asinado por unha das persoas proxenitoras, persoa titora ou representante legal.

5 Unha vez cuberta con todos os datos e as peticións de centros/localidades deberá “validar a instancia” e presentala electronicamente tal e como se indica no Paso 2. A solicitude de comisión de servizos por motivos de saúde irá dirixida á Xefatura Territorial na que se estea prestando realmente servizos. Para o caso do persoal docente que non depende da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, a instancia de comisión de servizos por razóns de saúde irá dirixida a Xefatura Territorial na que pretenden prestar servizos.

6 Logo de presentar a solicitude na Sede Electrónica non poderá modificala. Podería realizar unha nova solicitude, entendendo que a única válida é a presentada en último lugar.

IMPORTANTE: O persoal docente que teña a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais e que solicite unha comisión de servizos por razón de saúde ademais terá que efectuar unha solicitude pola modalidade ordinaria.

  • Paso 2: Presentación electrónica da solicitude (para acceder á Sede Electrónica debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave 365)

Prema no botón "Enviar a Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude (Anexo I) á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A continuación, amosaráselle unha ligazón “Ir á Sede Electrónica” para presentar a súa solicitude (Anexo I) electronicamente.

Logo de acceder á sede electrónica, o sistema ofreceralle a opción de achegar a documentación previamente dixitalizada en formato electrónico na pestana “Anexar documentación”. Logo de anexada a documentación, deberá premer na icona “continuar” e pasará ao paso de asinar a solicitude e presentar a documentación xa anexada, onde deberá premer a incona correspondente a “Asinar e presentar no Rexistro”.

Logo de asinada e presentada electronicamente a súa solicitude coa documentación anexada, o derradeiro paso é premer na pestana de “Obter recibo” onde lle indica que “A súa solicitude foi presentada correctamente no rexistro electrónico da Xunta de Galicia” e ten a opción de gardar/imprimir o xustificante de presentación da solicitude e a solicitude asinada electronicamente.

IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.

  • INFORMACIÓN SOBRE AS PETICIÓNS DE CENTROS RURAIS AGRUPADOS (CRA): Neste tipo de centros as especialidades de Educación Infantil e Educación Primaria non se consideran itinerantes. Para o resto das especialidades todas teñen o perfil de itinerantes, polo tanto se os participantes efectúan peticións aos Centros rurais agrupados deberan marcar o recadro correspondente.

  • INFORMACIÓN SOBRE AS PRAZAS BILINGÜES E DE ORIENTACIÓN: Para solicitar este tipo de prazas o persoal participante deberá reunir os requisitos necesarios para efectuar as ditas peticións. No caso das prazas de Orientación deberán acreditar algunha das titulacións establecidas no artigo 13 da Orde do 7 de xuño de 2018 (DOG do 14 de xuño).

Para as prazas bilingües deberán acreditar algunha das titulacións establecidas na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo).

No caso de que algún dos requisitos non figuren no seu expediente deberán enviar a documentación esixida antes de formular a solicitude de comisión de servizos aos enderezos de correo electrónico que se indican a continuación:

Enderezos de correo electrónico:

- Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.gal

- Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.gal

Teléfonos de información:

- Profesorado de secundaria: 981545255, 881-995891, 981-957910, 981-545445

- Mestres: 981 54 44 88, 981 54 54 95, 981 54 44 83