Inicio


CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS CURSO 2022/23.

Mediante Resolución do 2 de agosto de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publícase a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2022/23 ao persoal dos corpos docentes que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto sétimo da Resolución do 7 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 20 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

 

CONSULTAR A PUBLICACIÓN DA ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE DESTINOS PROVISIONAIS CURSO 2022/23
 

DESCARGAR AS INSTRUCIÓNS PARA A TOMA DE POSESIÓN DO PROFESORADO QUE OBTIVO DESTINO NA ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DO 7 DE XUÑO DE 2022

 

 

 

Teléfonos de contacto:

1) Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 881995891

2) Mestres: 881 995887, 981 545495, 981 544482, 981 544488, 981 545440.

 

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria @edu.xunta.gal

Mestres: persoal.primaria @edu.xunta.gal