Inicio


Aplicativo do Concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP)

Para acceder á información relacionada co concurso de adxudicación de destinos provisionais. Prema aquí

 

(25/08/2021) Comisións de servizo por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas (ED010B)

Apertúrase un prazo de presentación de solicitudes que abranguerá desde o mércores día 25 de agosto ata o día 2 de setembro de 2021, ambos incluídos.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para formular a solicitude será preciso proceder do seguinte xeito:

1º Acceder á aplicación CADP e autenticarse.

2ºAcceder ao menu "As Miñas instancias" e seguir os pasos.

3º. Unha vez pechada a solicitude, prema no botón "Enviar á Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Amosaráselle unha ligazón que o/a dirixirá á Sede Electrónica para presentar a súa solicitude electronicamente.

Para acceder á Sede Electrónica e presentar a súa solicitude debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave365.

Recorde que pode xerar tantos borradores como solicitudes peche, pero só será válida a última que presente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

4º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e descargar o recibo xustificativo de presentación da Sede Electrónica.

 

 

 

 

Teléfonos de contacto:

1) Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486

2) Mestres: 881 995887, 981 545495, 981 544482, 981 544488, 981 545440.

 

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria @edu.xunta.gal

Mestres: persoal.primaria @edu.xunta.gal