Inicio


CONCURSO PARA A ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS CURSO 2022/23.

APERTURA DO PRAZO PARA FORMULAR SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS 2022/23.

No Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 20 de xuño de 2022, publícase a Resolución do 7 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2022/23 (código de procedemento ED002B). No seu apartado segundo establece que o prazo para formular solicitudes, que se presentarán do xeito que establece o artigo 14 da Orde do 7 de xuño de 2018, é de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Deste xeito, o prazo para formular solicitudes é o comprendido entre o 21 de xuño de 2022 e o 12 de xullo de 2022, ambos incluídos.

A)Formulación de solicitudes:

1. Cubrir a solicitude na páxina web www.edu.xunta.gal/cadp. Para facer a súa solicitude de participación en CADP debe acceder identificándose co seu usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado dixital e elixir a opción do menú “Solicitudese aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade (etc.)

Unha vez cubertos prema en “Comezar solicitude”.

Se participou en CADP recuperaralle a última solicitude que realizou. Logo de cuberta a solicitude coas peticións de destinos (por centro, localidade e/ou provincia), deberá validarse na propia aplicación, e aparecerá unha lapela coa denominación “enviar á sede electrónica” e a ligazón para acceder á sede.

2.Asinar e presentar a solicitude de xeito electrónico na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou a Chave365.

Non deberá achegarse ningunha documentación complementaria, só deberá presentar a solicitude.

Logo de asinada e presentada electronicamente a súa solicitude, o derradeiro paso é premer na pestana de “Obter recibo” onde lle indica que “A súa solicitude foi presentada correctamente no rexistro electrónico da Xunta de Galicia” e ten a opción de gardar/imprimir o xustificante de presentación da solicitude e a solicitude asinada electronicamente. Lembre que soamente estará presentada correctamente a solicitude cando poida descargar o recibo de presentación electrónica da súa solicitude.

SOLICITUDE DE PRAZAS BILINGÜES: As persoas interesadas en solicitar prazas bilingües, deberán estar habilitadas previamente a formular a solicitude. Para habilitarse deben achegar unha solicitude e a documentación establecida na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo de 2016).

SOLICITUDE DE PRAZAS DE ORIENTACIÓN: As persoas interesadas en solicitar prazas de orientación nos centros de educación infantil e primaria deberán estar habilitadas previamente a formular a solicitude (deberán acreditar algunha das titulacións establecidas no artigo 13 da Orde do 7 de xuño de 2018 (DOG do 14 de xuño)).

NFORMACIÓN SOBRE AS PETICIÓNS DE CENTROS RURAIS AGRUPADOS (CRA): Neste tipo de centros as especialidades de Educación Infantil e Educación Primaria non se consideran itinerantes. Para o resto das especialidades todas teñen o perfil de itinerantes, polo tanto se os participantes efectúan peticións aos Centros rurais agrupados deberan marcar o recadro correspondente.

No caso de que algún dos requisitos non figuren no seu expediente deberán enviar a documentación esixida antes de formular a solicitude aos enderezos de correo electrónico que se indican a continuación:

Teléfonos de contacto:

1) Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545445, 981 545255, 881995891

2) Mestres: 881 995887, 981 545495, 981 544482, 981 544488, 981 545440.

 

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria @edu.xunta.gal

Mestres: persoal.primaria @edu.xunta.gal

 

PRAZO DE SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZO EN ATENCIÓN A SITUACIÓNS DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-23

O único prazo de solicitude de comisión de servizos por concicliación da vida laboral e familiar é do 19 de abril ao 2 de maio de 2022, ambos inclusive.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Normativa: Orde de 15 de abril de 2019 (DOG do 30 de abril de 2019)

 

INSTRUCIÓNS SOBRE A SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZOS POR CONCILIACIÓN FAMILIAR E LABORAL:

 

Paso 1: Solicitude dunha comisión de servizos por conciliación familiar e laboral

 

1 Para solicitar unha comisión de servizos deberá acceder ao enderezo http://www.edu.xunta.gal/cadp

 

2 Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade... unha vez cubertos prema en “comezar solicitude”. Se participou en “cadp” recuperaralle a ultima solicitude que realizou.

 

As persoas interesadas poderán, se é o caso, modificar a “modalidade de participación”.

 

En todo caso, as persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o caso:

 

  • No caso de embarazo, informe médico coa data probable de parto

  • Certificación literal de nacemento ou copia do libro de familia actualizado

  • Copia de sentenza xudicial pola que se establece a custodia compartida

  • Copia da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou o acollemento permanente ou preadoptivo.

  • Copia da resolución administrativa de acollemento permanente ou preadoptivo cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

  • Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% dos fillos ou fillas menores de doce anos, cando non fose expedida pola Xunta de Galicia.

     

3 Os seguintes datos consultaranse automaticamente e, polo tanto, non será necesario que achegue a documentación acreditativa, sempre que a persoa interesada exprese o seu consentimento:

 

  • Identidade da persoa solicitante ou representante

  • Certificado de residencia da persoa solicitante

  • Resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% dos fillos ou fillas menores de doce anos cando fose expedida pola Xunta de Galicia

  • Resolución administrativa de acollemento permanente ou preadoptivo respecto dos fillos ou fillas menores de dezaseis anos cando fose expedida pola Xunta de Galicia.

4 Unha vez cuberta con todos os datos e as peticións de centros/localidades deberá “validar a instancia” e presentala electronicamente tal e como se indica no Paso 2.

 

5 Logo de presentar a solicitude na Sede Electrónica non poderá modificala. Podería realizar unha nova solicitude, entendendo que a única válida é a presentada en último lugar.

 

IMPORTANTE: O persoal docente que teña a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais e que solicite unha comisión de servizos por conciliación familiar e laboral ademais terá que efectuar unha solicitude pola modalidade ordinaria.

 

Paso 2: Presentación electrónica da solicitude (para acceder á Sede Electrónica debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave 365)

 

Prema no botón "Enviar a Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude (Anexo I) á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A continuación, amosaráselle unha ligazón “Ir á Sede Electrónica” para presentar a súa solicitude (Anexo I) electronicamente.

 

Logo de ingresar na sede electrónica, o sistema ofreceralle a opción de achegar a documentación previamente dixitalizada en formato electrónico na pestana “Anexar documentación”. Logo de anexada a documentación, deberá premer na icona “continuar” e pasará ao paso de asinar a solicitude e presentar a documentación xa anexada, onde deberá premer a incona correspondente a “Asinar e presentar no Rexistro”.

 

Logo de asinada e presentada electronicamente a súa solicitude coa documentación anexada, o derradeiro paso é premer na pestana de “Obter recibo” onde lle indica que “A súa solicitude foi presentada correctamente no rexistro electrónico da Xunta de Galicia” e ten a opción de gardar/imprimir o xustificante de presentación da solicitude e a solicitude asinada electronicamente.

 

IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.

 

Teléfonos de contacto:

1) Profesorado de secundaria: 981545406, 981545407, 981545255, 881995891

2) Mestres: 981544482, 981544488, 981545440.

 

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.gal

Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.gal

 


 

PRAZO DE SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZO EN ATENCIÓN A SITUACIÓNS PERSOAIS ESPECIAIS POR MOTIVOS DE SAÚDE PARA O CURSO ACADÉMICO 2022-23

O único prazo de solicitude de comisión de servizos en atención a situacións persoias especiais por motivos de saúde é do 19 de abril ao 2 de maio de 2022, ambos inclusive.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Normativa: Orde de 28 de febreiro de 2020 (DOG do 9 de marzo de 2020)

 

INSTRUCIÓNS SOBRE A REALIZACIÓN DA SOLICITUDE DE COMISIÓN DE SERVIZOS POR RAZÓNS DE SAÚDE

Paso 1: Solicitude dunha comisión de servizos por razóns de saúde

 

1 Para solicitar unha comisión de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp.

2 Para facer a súa solicitude de comisión de servizos debe elixir a opción do menú “solicitudes” e aparecerá unha pantalla para cubrir os datos de corpo, especialidade, modalidade... unha vez cubertos prema en “comezar solicitude”. Se participou en “cadp” recuperaralle a ultima solicitude que realizou. Lembre que esta convocatoria é a primeira na que o procedemento se tramita integramente de xeito electrónico de modo que deberá completar toda a solicitude segundo se lle indica e finalizar a presentación da solicitude na sede electrónica.

3 O persoal docente que non depende da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional (o persoal docente procedente doutra comunidade autónoma) poderá formular a solicitude identificándose mediante un certificado dixital ou ben coa conta de correo edu.xunta.es e o seu contrasinal. O persoal docente procedente doutra comunidade autónoma que desexe solicitar unha conta de correo temporal no enderezo https://www.edu.xunta.gal/contausuario/ debe achegar por correo electrónico, nos enderezos que se indican ao final destas instrucións, a seguinte documentación dixitalizada:

    1. Certificación expedida polo órgano competente da administración da que dependa con indicación expresa dos seguintes datos:

      1. Nome, apelidos e NIF, Corpo ao que pertence e especialidade/s das que é titular e ten recoñecida/s

      2. Data de nomeamento/posesión de persoal funcionario de carreira

      3. Situación administrativa actual

      4. Causa de acceso e dato do último destino (concurso, expectativa...)

      5. Puntuación obtida na oposición

    2. Datos: enderezo/domicilio, dirección de correo e un número de móbil, no que recibirá unha clave de activación (PIN) para activar a súa conta de correo no enderezo http://www.edu.xunta.es/contausuario/, e elixir a opción 2.2 “Activar conta”.

    3. Seguidamente, poderá solicitar comisión de servizos na seguinte dirección www.edu.xunta.gal/cadp.

 

4 En todo caso, as persoas interesadas deben achegar coa solicitude a seguinte documentación:

 

  • Informe actualizado do persoal médico de atención primaria e/ou especialista acreditativo da enfermidade/s alegada/s. Enténdese por informe actualizado o que estea emitido no ano no que se realiza a solicitude

  • Copia da resolución administrativa de recoñecemento de grao de discapacidade do persoal docente solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia, para aquelas circunstancias en que sexa de aplicación

     

    No suposto de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde dunha persoa familiar achegarase ademais:

     

  • Certificación literal ou copia do libro de familia actualizado

  • Certificado de empadroamento colectivo da persoa solicitante

  • Copia da resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cando non fose expedida pola Xunta de Galicia

  • Anexo II: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas

     

Os seguintes datos consultaranse automaticamente e, polo tanto, non será necesario que achegue a documentación acreditativa, sempre que a persoa interesada exprese o seu consentimento:

 

  • DNI/NIE da persoa solicitante ou da persoa representante.

  • Resolución administrativa de recoñecemento de grao de discapacidade do persoal docente solicitante cando fose expedida pola Xunta de Galicia, para aquelas circunstancias en que sexa de aplicación

    No suposto de solicitude de comisión de servizos por razóns de saúde dunha persoa familiar comprobarase ademais:

  • DNI/NIE da persoa familiar. Para estes efectos, será preciso que o/a cónxuxe, parella de feito ou persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cubra e asine o anexo II agás no caso de menores de idade, en cuxo caso o documento deberá ser asinado por unha das persoas proxenitoras, persoa titora ou representante legal.

  • Resolución administrativa de recoñecemento dun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cando fose expedida pola Xunta de Galicia. Para estes efectos, será preciso que o/a cónxuxe, parella de feito ou persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cubra e asine o anexo II agás no caso de menores de idade, en cuxo caso o documento deberá ser asinado por unha das persoas proxenitoras, persoa titora ou representante legal.

  • Resolución administrativa de recoñecemento dun grao de dependencia do/a cónxuxe, parella de feito ou da persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante. Para estes efectos, será preciso que o/a cónxuxe, parella de feito ou persoa familiar de primeiro/segundo grao de consanguinidade ou afinidade da persoa solicitante cubra e asine o anexo II agás no caso de menores de idade, en cuxo caso o documento deberá ser asinado por unha das persoas proxenitoras, persoa titora ou representante legal.

 

5 Unha vez cuberta con todos os datos e as peticións de centros/localidades deberá “validar a instancia” e presentala electronicamente tal e como se indica no Paso 2. A solicitude de comisión de servizos por motivos de saúde irá dirixida á Xefatura Territorial na que se estea prestando realmente servizos. Para o caso do persoal docente que non depende da Consellería de Educación, Universidades e Formación Profesional, a instancia de comisión de servizos por razóns de saúde irá dirixida a Xefatura Territorial na que pretenden prestar servizos.

 

6 Logo de presentar a solicitude na Sede Electrónica non poderá modificala. Podería realizar unha nova solicitude, entendendo que a única válida é a presentada en último lugar.

 

IMPORTANTE: O persoal docente que teña a obriga de participar no concurso de adxudicación de destinos provisionais e que solicite unha comisión de servizos por razón de saúde ademais terá que efectuar unha solicitude pola modalidade ordinaria.

 

Paso 2: Presentación electrónica da solicitude (para acceder á Sede Electrónica debe posuír un certificado electrónico válido ou Chave 365)

 

Prema no botón "Enviar a Sede Electrónica para presentación" para enviar o borrador da súa solicitude (Anexo I) á Sede Electrónica da Xunta de Galicia. A continuación, amosaráselle unha ligazón “Ir á Sede Electrónica” para presentar a súa solicitude (Anexo I) electronicamente.

 

Logo de ingresar na sede electrónica, o sistema ofreceralle a opción de achegar a documentación previamente dixitalizada en formato electrónico na pestana “Anexar documentación”. Logo de anexada a documentación, deberá premer na icona “continuar” e pasará ao paso de asinar a solicitude e presentar a documentación xa anexada, onde deberá premer a incona correspondente a “Asinar e presentar no Rexistro”.

 

Logo de asinada e presentada electronicamente a súa solicitude coa documentación anexada, o derradeiro paso é premer na pestana de “Obter recibo” onde lle indica que “A súa solicitude foi presentada correctamente no rexistro electrónico da Xunta de Galicia” e ten a opción de gardar/imprimir o xustificante de presentación da solicitude e a solicitude asinada electronicamente.

 

IMPORTANTE: A única forma válida de presentación de solicitudes é a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Non se admitirán solicitudes presentadas en papel.

 

INFORMACIÓN SOBRE AS PETICIÓNS DE CENTROS RURAIS AGRUPADOS (CRA): Neste tipo de centros as especialidades de Educación Infantil e Educación Primaria non se consideran itinerantes. Para o resto das especialidades todas teñen o perfil de itinerantes, polo tanto se os participantes efectúan peticións aos Centros rurais agrupados deberan marcar o recadro correspondente.


 

INFORMACIÓN SOBRE AS PRAZAS BILINGÜES E DE ORIENTACIÓN: Para solicitar este tipo de prazas o persoal participante deberá reunir os requisitos necesarios para efectuar as ditas peticións. No caso das prazas de Orientación deberán acreditar algunha das titulacións establecidas no artigo 13 da Orde do 7 de xuño de 2018 (DOG do 14 de xuño).

Para as prazas bilingües deberán acreditar algunha das titulacións establecidas na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril de 2011), modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de xullo).

No caso de que algún dos requisitos non figuren no seu expediente deberán enviar a documentación esixida antes de formular a solicitude de comisión de servizos aos enderezos de correo electrónico que se indican a continuación:

 

Teléfonos de contacto:

1) Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 881995891

2) Mestres: 881 995887, 981 545495, 981 544482, 981 544488, 981 545440.

 

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria @edu.xunta.gal

Mestres: persoal.primaria @edu.xunta.gal