
A Consellería de Cutlura, Educación e Ordenación Universitaria publica o nº 68 da súa Revista Galega do ensino, EDUGA. Entre as diferentes seccións, a de BIBLIOTECAS ESCOLARES acolle un bo número de artigos que permiten coñecer experiencias en distintos centros, sexa sobre o desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar ou sobre actividades máis centradas no fomento da lectura; outros artigos constitúen un percorrido polo conxunto de actividades que deseñan, cumprindo así o seu papel de centros de lectura, información e aprendizaxe. Este número inclúe, así mesmo, un artigo en relación ás actividades propostas desde o programa de bibliotecas escolares da consellería, que teñen como finalidade a integración das ciencias e as humanidades nas actividades das bibliotecas escolares, e que tanto éxito están a ter no conxunto dos centros.
- Apartado BIBLIOTECA ESCOLAR
- Apartado BOAS PRÁCTICAS:
- OS XOGOS TRADICIONAIS. Un proxecto interdisciplinar coordinado pola biblioteca (IES Rafael Dieste, A Coruña)
- VOLUNTARIADO DE LECTURA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES (Responsables das bibliotecas dos centros seleccionados na convocatoria de Voluntariado de Lectura-A, no curso 2013/2014)
- NAVEGANDO NUN MAR DE INFORMACIÓN (CEIPPlurilingüe de Andrade, Pontedeume)
- A BIBLIOTECA NO CENTRO (CEIP de Pazos, Ferrol)
- A BIBLIOTECA MUSICAL NUN CONSERVATORIO DE MÚSICA (CEMUS Xan Viaño, Ferrol)
- CIENCIA E BIBLIOTECA ESCOLAR (CEIP de Cespón, Boiro)
- COMPARTINDO A BIBLIOTECA (IES As Mariñas, Betanzos)
- FEIRA DA CIENCIA E DA TECNOLOXÍA. BIBLIOTECA E CIENCIA 2014 (IES Eduardo Blanco Amor, Ourense)
- ÁFRICA DIVERSA, COÑECER PARA COMPRENDER (IES Antón Losada Diéguez, A Estrada)
- Apartado HORA DE LER:
- CINCO ANOS NA BOCA DO LOBO (Club de lectura "A boca do lobo", do IES de Mugardos)
- TERTULIAS LITERARIAS EN ALLARIZ (IES de Allariz)
- LEMOS LE. BIBLIOTECAS E LIBRERÍAS UNIDAS POR E PARA A LECTURA (CEIP Virxe do Carme, de Sober; CEIP A Gándara, de Monforte de Lemos)
- BENVIDA E BENVIDOS Á NOSA BIBLIOTECA (CEIP Saco e Arce, de Toén)
- CINCO ANOS NA BOCA DO LOBO (Club de lectura "A boca do lobo", do IES de Mugardos)
ESTE ENLACE dá acceso a todos os artigos publicados até o momento porla revista EDUGA na sección de BIBLIOTECAS.