A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contempla, dentro do Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2012, a data do 24 de febreiro como DÍA DE ROSALÍA, co gallo da conmemoración do nacemento da poeta. Nesta ocasión cúmprense 175 anos e á programación de actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA, súmase nesta ocasión a proposta da AELG (Asocación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega), cunha proposta ben fermosa: que agasallemos aos nosos seres queridos cun libro galego e unha flor, como unha forma festiva de lembrar a importancia da lingua (o 21 de febreiro celebrábase a instancias da UNESCO o Día Internacional da Lingua Materna), e homenaxear a esta escritora fundamental das nosas Letras. A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.
Pola súa parte, as bibliotecas escolares galegas veñen celebrando xa este día con diversas actividades, todas dirixidas a lembrar os poemas de Rosalía e manter viva a súa lembranza entre os máis novos. Van chegando as propostas deste ano 2012, que iremos recollendo aquí:
- IES San Paio de Tui (Pontevedra). DÍA DE ROSALÍA 2012: Selección de textos - Selección de recursos audiovisuais
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra). FLORES A ROSALÍA. Programación do recreo cultural.
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): NO DÍA DE ROSALÍA, FLORES, POESÍA E ALEGRÍA
- IES Sanxenxo (Sanxenxo, Pontevedra): MIMOSAS PARA ROSALÍA. Escolma de poemas.
- IES de Ponteceso (Ponteceso, A Coruña): DÍA DE ROSALÍA, poemas e caraveis. - Vídeo e imaxes do acto na b.e.
- CPI San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña) : NO BICO UN CANTAR
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): RECITANDO A ROSALÍA
- IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra): Homenaxe a Rosalía
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Galicia Frolida, un canto a Galicia.
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): RAPEANDO A ROSALÍA - LENDO A ROSALÍA
- CEIP Os Muíños (Muxía, A Coruña): ANIVERSARIO DE ROSALÍA
- CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal, Pontevedra): ROSALÍA SEMPRE!
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): DÍA DE ROSALÍA
- CEIP de Andrade (Pontedeume, A Coruña): UN DÍA 24 DE FEBREIRO NACEU ROSALÍA DE CASTRO...
- CEIP Frián-Teis (Vigo, Pontevedra): DÍA DE ROSALÍA - HORA DE LER con ROSALÍA
- CRA de Ribadumia (Ribadumia, Pontevedra): DÍA DE ROSALÍA
- IES de Poio (Poio, Pontevedra: RADIO PATIO CON AMOR E CON ROSALÍA