Premios Edublogs para blogues de bibliotecas escolares galegas.

A Associació Espiral, educació i tecnología vén de conceder os II Premios Edublogs.08. Xa fora unha alegría recoñecer na relación de finalistas a varios blogues de bibliotecas escolares galegas. Agora toca celebrar a concesión dos seguintes galardóns:

- 2º premio, na modalidade de Blogs de centros: O SEGREL DO PENEDO, da biblioteca do Ies de Fene, responsabilidade de Loly Lago e o seu equipo.

- 1º premio, na modalidade de Blogs colectivos: TRAFEGANDO RONSEIS, blogue de dous profesores moi próximos á realidade das bibliotecas, Gracia e Anxo.

Parabéns aos galardonados!!!!

Noraboa tamén ao profesorado que impulsa o blogue EDIGA, profesorado de diversos centros galegos que procuran a integración das TIC nas aulas, e que tamén recibiron un 1º premio na modalidade de Mencións.