Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2025

 
 
 
 O vindeiro sábado 15 de novembro celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2025. Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar + Deseño = Viaxe á creatividade".
 
 
Unha xuntanza que falará de competencia e prácticas lectoras, libros, deseño, a colección, a planificación do traballo nas nosas bibliotecas,  a alfabetización informacional...
 
 
Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.