
O Portal Educativo vén de publicar a Resolución do 1 do xullo de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso 2025/26.
O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo e rematará o día 26 de setembro de 2025.