Inicio
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024
NOTA INFORMATIVA DO 3 DE XUÑO DE 2024
Publícanse as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24).
- Listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente 1º bacharelato.
- Listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente 2º bacharelato.
O alumnado seleccionado recibirá un correo electrónico no enderezo facilitado na solicitude, onde figuran os datos da conta bancaria para realizar o pago correspondente á achega familiar. Se vostede non facilitou un enderezo electrónico ou non recibiu dita mensaxe, deberá poñerse en contacto con esta Dirección Xeral a través de axudasle@edu.xunta.gal.
Ábrese un prazo de 5 días naturais para que o alumnado seleccionado faga a remisión da seguinte documentación:
- Anexo III
- Copia do pasaporte, cunha validez mínima de 6 meses desde a data da viaxe (só para Canadá e Reino Unido). Pode obter máis info neste enlace: Recomendacións de viaxe (exteriores.gob.es)
- Visado en vigor (só para alumnado con nacionalidade non española que viaxe a Canadá)
- Xustificante bancario do pagamento.
FIN DE PRAZO: 8 DE XUÑO (incluído)
A remisión da documentación farase á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa | Actividade adxudicada | Email empresa responsable |
Escolla unha das dúas opcións de envío:
Solicitamos que unha vez presentada a documentación a través dalgunha das opcións descritas, se remita a mesma documentación ao correo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal con copia ao correo electrónico da empresa adxudicataria da actividade correspondente. | Canadá | jovenesgaliciacanada@interway.es |
Reino Unido | jovenesgalicia@interway.es | |
Francia | axudasle@centropeares.es | |
Portugal | axudasle@centropeares.es | |
Alemaña | hola@always-idiomas.com |
No caso de haber renuncias, a partir do 8 de xuño, avisarase telefónicamente ás persoas suplentes, seguindo a orde establecida da lista definitiva de persoas suplentes.
Ás persoas suplentes seleccionadas corresponderanlles prazas do grupo D, tal e como se indica no anexo V da convocatoria.
Desde esta Consellería non se xestionarán cambios de datas das viaxes. Para esas e outras cuestións loxísticas, deberán contactar directamente coas empresas responsables:
Actividades | Empresas Responsables | Datos de contacto das empresas |
Canadá | Interway S.A. | Programa Canadá: Tlf.: 919 931 656 (atención Whatsapp; para chamada solicitar cita vía Whatsapp/mail) |
Reino Unido | Programa Reino Unido: Tlf.: 919 931 656 (atención Whatsapp; para chamada solicitar cita vía Whatsapp/mail) | |
Francia | Tourgalia S.L. | Tlf: 618 177 919
|
Portugal | ||
Alemaña | Always School of Languages S.L. | Tlf: 915 413 100 / 663 187 478 |
Documentos informativos sobre cada actividade:
Canadá: Guía Canadá e instruccións solicitude ETA
Reino Unido: Guía Reino Unido
Francia: Guía Francia
Portugal: Guía Portugal
Alemaña: Guía Alemaña
As persoas menores de 18 anos, con nacionalidade española, que viaxen ao estranxeiro, precisarán ademáis do DNI ou Pasaporte en vigor, unha declaración asinada de permiso de viaxe fóra do territorio nacional. No caso de persoas menores estranxeiras que residan en España, os seus representantes legais deberán acudir ás súas autoridades consulares para completar a documentación que proceda conforme á súa lexislación nacional.
PERMISO DE VIAXE PARA MENORES Como realizar o trámite |
|
NOTA INFORMATIVA DO 22 DE MAIO DE 2024
Lembramos ás persoas solicitantes que NON CONTAMOS CON DATA ESTIMADA PARA A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS, polo que esa información non será facilitada telefónicamente.
Toda a información pública da que dispoñemos está publicada nesta mesma páxina, que se vai actualizando periódicamente mediante notas informativas (Art.13 da Orde de convocatoria)
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado (Art.2 da Orde de convocatoria)
Pode consultar os seguintes pasos do proceso nos seguintes documentos:
Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2024
NOTA INFORMATIVA DO 29 DE ABRIL DE 2024
As listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente publicadas o 23 de abril contiñan erros na baremación do apartado 5º. Non ter sido beneficiario dunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 18 de xaneiro de 2023: 1 punto, establecido no anexo V da actual Orde de convocatoria.
Hoxe día 29 de abril, publícase a CORRECCIÓN DE ERROS da listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido na Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24).
- Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente corrixida, 1ª de bacharelato
- Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente corrixida, 2ª de bacharelato
Ábrese un prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións (fin de prazo 14 de maio). Pode presentar reclamacións a través da sede electrónica (Código procedemento PR004A), rexistro oficial ou correo postal.
A listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación publicada o 23 de abril NON contiña erros e non sufríu modificacións, polo que o prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte da publicación remata o 8 de maio.
As persoas solicitantes que figuran na listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación deber presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa pinchando aquí: Instancia para completar documentación
O estado das solicitudes irá variando periódicamente, segundo se comprobe a documentación achegada. As listaxes publicadas non variarán, aínda que cambie o estado da súa solicitude (comprobando a través do menú "3.Estado solicitude").
NOTA INFORMATIVA DO 23 DE ABRIL DE 2024
Publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24).
- Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, 1ª de bacharelato (Listaxe con erros)
- Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, 2ª de bacharelato (Listaxe con erros)
- Listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación
Ábrese un prazo de 10 días hábiles a partir de hoxe (fin de prazo 8 de maio), para que as persoas solicitantes que figuran na listaxe de solicitudes que precisan de remisión de documentación fagan entrega da documentación que se lle require, que poderá consultar a través do menú "3.Estado Solicitude" da páxina web do programa.
Deberase presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa pinchando aquí: Instancia para completar documentación
O estado das solicitudes irá variando periódicamente, segundo se comprobe a documentación achegada. As listaxes publicadas no día de hoxe non variarán, aínda que cambie o estado da súa solicitude (comprobando a través do menú "3.Estado solicitude").
As persoas solicitantes ás que se lle require documentación, poden consultar esta listaxe de sitios web para a solicitude de certificados |
|
|
|
Pode consultar os seguintes pasos do proceso nos seguintes documentos:
Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2024
NOTA INFORMATIVA DO 12 DE ABRIL DE 2024
O 11 de abril rematou o prazo para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Lembramos ás persoas solicitantes que non contamos con datas estimadas para cada publicación, polo que esa información non será facilitada telefónicamente.
Toda a información pública da que dispoñemos está publicada nesta mesma páxina, que se vai actualizando periódicamente mediante notas informativas (Art.13 da Orde de convocatoria)
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado (Art.2 da Orde de convocatoria)
Pode consultar os seguintes pasos do proceso nos seguintes documentos:
Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2024
NOTA INFORMATIVA DO 26 DE MARZO DE 2024
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
-
Listaxe de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto e de solicitudes excluídas: Acceso
Para as solicitudes que precisen emenda nalgún aspecto (solicitudes incorrectas), a documentación que se require poderá consultala a través do menú "3.Estado Solicitude" da páxina web do programa. Deberase presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa pinchando aquí: Instancia para completar documentación
No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta", se requira o Anexo II, este poderá descargarse aquí: Anexo II
A presentación da documentación complementaria pódese facer de varias formas:
- A través da sede electrónica (A miña sede): Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas
- Nun rexistro oficial ou a través do correo postal certificado. Neste último caso, a instancia para completar documentación deberá ser datada e selada polo servizo de correos.
No caso de ter xa remitida a documentación que se require, non é necesario que a volva enviar.
O estado das solicitudes irá variando periódicamente, segundo se comprobe a documentación achegada. As listaxes publicadas no día de hoxe non variarán, aínda que cambie o estado da súa solicitude (comprobando a través do menú "3.Estado solicitude").
Lembramos ás persoas solicitantes que a documentación complementaria achegada non se valida automaticamente e deberá esperar a que o persoal encargado da validación leve a cabo ese trámite para que o estado da solicitude cambie.
Non se notificarán os cambios por correo electrónico nin telefonicamente. Para consultar o estado da súa solicitude debe acceder ao menú "3.Estado solicitude"
NOTA INFORMATIVA DO 13 DE MARZO DE 2024
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, comprobe periodicamente o estado da súa solicitude no menú “3.Estado solicitude”.
Explicación dos estados:
- "En trámite" - Quere dicir que aínda non se comprobou a solicitude presentada.
- "Solicitude descartada" - Non cumpre algún dos requisitos para participar nesta convocatoria. Indícase o motivo.
- "Solicitude validada" - Indica que xa se comprobou a solicitude e esta é correcta. Nalgúns casos, un texto sinalará as condicións de validación.
- "Solicitude fóra de prazo"
- "Solicitude incorrecta" - Deberá presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa pinchando aquí: Instancia para completar documentación
No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta", se requira o Anexo II, este poderá descargarse aquí: Anexo II
A presentación da documentación complementaria pódese facer de varias formas:
- A través da sede electrónica (A miña sede): Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas
- Nun rexistro oficial ou a través do correo postal certificado. Neste último caso, a instancia para completar documentación deberá ser datada e selada polo servizo de correos.
NOTA INFORMATIVA DO 4 DE MARZO DE 2024
NOTA INFORMATIVA DO 15 DE FEBREIRO DE 2024
O período de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. Non contamos con datas estimadas de cada viaxe, polo que esa información non será facilitada telefonicamente.
NOTA INFORMATIVA DO 12 DE FEBREIRO DE 2024
Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que se indican na seguinte táboa:
Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2024
Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas
O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.
CONSULTAS
Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal
Atención telefónica:
881997426 – 881997419 - 981957537 - 981540287 - 881996555