Inicio
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024
NOTA INFORMATIVA DO 12 DE ABRIL DE 2024
O 11 de abril rematou o prazo para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Lembramos ás persoas solicitantes que non contamos con datas estimadas para cada publicación, polo que esa información non será facilitada telefónicamente.
Toda a información pública da que dispoñemos está publicada nesta mesma páxina, que se vai actualizando periódicamente mediante notas informativas (Art.13 da Orde de convocatoria)
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado (Art.2 da Orde de convocatoria)
Pode consultar os seguintes pasos do proceso nos seguintes documentos:
Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2024
NOTA INFORMATIVA DO 26 DE MARZO DE 2024
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 11 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
-
Listaxe de solicitudes admitidas, solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto e de solicitudes excluídas: Acceso
Para as solicitudes que precisen emenda nalgún aspecto (solicitudes incorrectas), a documentación que se require poderá consultala a través do menú "3.Estado Solicitude" da páxina web do programa. Deberase presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa pinchando aquí: Instancia para completar documentación
No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta", se requira o Anexo II, este poderá descargarse aquí: Anexo II
A presentación da documentación complementaria pódese facer de varias formas:
- A través da sede electrónica (A miña sede): Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas
- Nun rexistro oficial ou a través do correo postal certificado. Neste último caso, a instancia para completar documentación deberá ser datada e selada polo servizo de correos.
No caso de ter xa remitida a documentación que se require, non é necesario que a volva enviar.
O estado das solicitudes irá variando periódicamente, segundo se comprobe a documentación achegada. As listaxes publicadas no día de hoxe non variarán, aínda que cambie o estado da súa solicitude (comprobando a través do menú "3.Estado solicitude").
Lembramos ás persoas solicitantes que a documentación complementaria achegada non se valida automaticamente e deberá esperar a que o persoal encargado da validación leve a cabo ese trámite para que o estado da solicitude cambie.
Non se notificarán os cambios por correo electrónico nin telefonicamente. Para consultar o estado da súa solicitude debe acceder ao menú "3.Estado solicitude"
NOTA INFORMATIVA DO 13 DE MARZO DE 2024
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, comprobe periodicamente o estado da súa solicitude no menú “3.Estado solicitude”.
Explicación dos estados:
- "En trámite" - Quere dicir que aínda non se comprobou a solicitude presentada.
- "Solicitude descartada" - Non cumpre algún dos requisitos para participar nesta convocatoria. Indícase o motivo.
- "Solicitude validada" - Indica que xa se comprobou a solicitude e esta é correcta. Nalgúns casos, un texto sinalará as condicións de validación.
- "Solicitude fóra de prazo"
- "Solicitude incorrecta" - Deberá presentar a documentación que se require, acompañando a mesma coa instancia que se atopa pinchando aquí: Instancia para completar documentación
No caso de que, en estado de "solicitude incorrecta", se requira o Anexo II, este poderá descargarse aquí: Anexo II
A presentación da documentación complementaria pódese facer de varias formas:
- A través da sede electrónica (A miña sede): Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas
- Nun rexistro oficial ou a través do correo postal certificado. Neste último caso, a instancia para completar documentación deberá ser datada e selada polo servizo de correos.
NOTA INFORMATIVA DO 4 DE MARZO DE 2024
NOTA INFORMATIVA DO 15 DE FEBREIRO DE 2024
O período de realización das actividades comprenderá dende a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado. Non contamos con datas estimadas de cada viaxe, polo que esa información non será facilitada telefonicamente.
NOTA INFORMATIVA DO 12 DE FEBREIRO DE 2024
Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 645 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que se indican na seguinte táboa:
Acceso ao texto da Orde de convocatoria AXUDASLE 2024
Guía presentación en Sede Electrónica e corrección/emendas
O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (https://www.edu.xunta.gal/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.
CONSULTAS
Web da convocatoria: https://www.edu.xunta.gal/axudasle
Enderezo electrónico: axudasle@edu.xunta.gal
Atención telefónica:
881997426 – 881997419 - 981957537 - 981540287