1. Cal é a finalidade desta páxina?
Nesta páxina, a medida que vaian xurdindo dúbidas, iremos introducindo as preguntas máis frecuentes efectuadas polos solicitantes coas súas correspondentes respostas.
2. Quen pode solicitar estas axudas?
Poderá ser beneficiario de estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2021-2022, na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ter superadas todas as materias no curso 2020-2021.
c) Ter acadado no curso 2020-2021 unha cualificación mínima de Ben no 6º na materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2021-2022, nun centro da Rede de Centros Plurilingües.
3. É necesario o D.N.I. do alumnado solicitante?
Si, para poder participar nesta convocatoria é necesario estar en posesión do DNI/NIE, excepto o alumnado menor de 14 anos.
4. É obrigatoria a sinatura do pai e da nai no anexo II?
Sí, é obrigatoria, excepto nos casos nos que se alegue famiia monoparental, viuvedade, etc. Debe ter en conta que, no caso de que o/a solicitante teña irmáns/ás maiores de 16 anos e menores de 18 anos, terá que asinar no lugar corresponente, autorizando a consulta de datos.