1. ¿Quen pode acceder a www.edu.xunta.es/datospersoais ?

Todo o persoal que teña unha conta de correo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pode consultar e actualizar nesta páxina web os seus datos persoais relativos a enderezos e teléfonos. Ademais, para o persoal docente esta aplicación permite consultar o seu expediente expediente persoal. No caso do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres pode solicitar a adquisición de novas especialidades nos prazos establecidos para estes efectos.

 

Subir ao índice

2. Que debo facer a primeira vez que accedo á aplicación web?

Poderá consultar o expediente persoal en calquera momento desde a lapela Expediente electrónico do menú.

Se vostede é un dos docentes autorizados para modificar ou completar o seu expediente deberá ir á opción 3 do menú “As miñas instancias”. Crearáselle unha instancia que aparecerá  aberta (cadeado aberto) na que vostede poderá modificar ou engadir o que considere oportuno. As modificacións poden facerse seguindo o menú que se propón ou as opcións que se indican en cada páxina coa opción "seguinte>" Lembre que nos prazos establecidos para a adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres soamente se poderá modificar a lapela "Especialidades".

Subir ao índice

3. Que estados pode ter a miña instancia?

A instancia pode ter cinco estados: aberta, pechada, validada e consolidada

Aberta: Vostede poderá facer as modificacións no seu expediente que considere oportunas.

Pechada: Unha vez feitas as modificacións e alegacións novas que teña, deberá pechar a instancia para poder presentala xunto coa documentación que xustifique o que se alegou ou modificou

Validada: Cando as alegacións foron verificadas pola administración.
 
Consolidada: Cando os datos foron traspasados ao expediente persoal do docente e pode consultalos na opción do menú "Expediente electrónico"

Subir ao índice

4. Cando pechar unha instancia?

 

Unha vez cuberta a sua solicitude deberá pechar a instancia para poder presentala por sede electrónica.

Subir ao índice

5. Cando copiar unha instancia a partir doutra?

 

Debe escoller esta opción cando teña unha instancia xerada e desexe introducir ou modificar algún dato máis. Esta opción créalle unha nova en estado aberto con tódolos datos da instancia que tiña anteriormente. Non perde, polo tanto, os datos que vostede introduciu e pode seguir engadindo ou modificando o que precise.

Subir ao índice

6. Que datos se mostran na solicitude de modificación de datos?

 

Móstranse os datos alegados ou modifcados por vostede, os mesmos que se ven na opción do menú “Resumo de alegacións” e que se corresponden cos que teñen o valor M ou A na columna orixe.

Subir ao índice

7. Que significado ten a columna orixe que hai en todas as pantallas de listaxes?

 

 Pode ter 3 valores diferentes na columna de orixe dos datos: P, M, A

P: A información está nas bases de datos de persoal e polo tanto, se está ben, non hai que facer nada nin enviar nada sobre ese punto. Se se modifica hai que enviar o xustificante.
M: A información está nas bases de datos de persoal pero vostede considerou que non era de todo correcta polo que lle fixo algunha modificación. Deberase xustificar como se indicou anteriormente.
A: A información foi alegada por vostede xa que non estaba nas bases de datos de persoal. Ten que enviar os xustificantes xunto coa solicitude que se xerará desde a propia aplicación.

 

Subir ao índice

8. Cando se complete a solicitude que documentación se debe presentar?

 

Deberá achegar na Sede Electrónica os documentos xustificativos dos méritos alegados coa solicitude de actualización/modificación de datos. Os documentos poderán engadirse na sede no paso previo á sinatura e presentación electrónica da solicitude de actualización/modificación dos datos persoais.
 

Subir ao índice

9. Presentación electrónica da solicitude

 

A solicitude de datos persoais require de presentación exclusivamente electrónica  de modo que debe facerse dende a aplicación informática enviando o borrador á Sede electrónica da Xunta de Galicia e accedendo a continuación á Sede para a súa presentación seguindo os pasos que se indican na aplicación web.

Subir ao índice