Colectivos con dereito a conta

Teñen dereito a unha conta de usuario e correo electrónico os seguintes colectivos:

  • Profesorado:
    • Con destino provisional ou definitivo en centros públicos.
    • Interino ou substituto que prestara servizos nos dous últimos cursos.
    • De relixión.
    • De centros privados.
  • Persoal administrativo e de servizos con destino en:
    • Centros públicos.
    • Delegacións.
    • Servizos centrais.

Tamén teñen dereito a conta de usuario pero non a conta de correo electrónico, entre outros, os seguintes colectivos:

  • Alumnos matriculados nalgunha das modalidades de FP a distancia ou FP dual con algún módulo a distancia
  • Alumnos que acceden á universidade.
  • Concellos solicitantes de axudas.
  • Empresas solicitantes de axudas.
  • Entidades que colaboran coa Consellería. Por exemplo: colexios profesionais.

Periodicamente procederase a desactivar aquelas contas de usuario e correo electrónico pertencentes a persoas que perderon o seu dereito. Se vostede pensa que pode haber algún problema cos seus datos (alta nas bases de datos de persoal, DNI, datos de contacto, etc...) diríxase ao órgano correspondente (centro, delegación ou servizos centrais) para corrixilos.

Todas aquelas contas que permanezan sen uso, é dicir, aquelas ás que non se acceda no prazo dun ano (365 días), para todos os colectivos, poderán ser desactivadas.