Cuestionario de autoavaliación
Esta páxina ten a única finalidade de que vostede se oriente e valore a procedencia de presentarse ao proceso de acreditación de competencias nas unidades de competencia que considere. Permite cubrir os cuestionarios de avaliación a título persoal e os resultados non se gardan na aplicación. Posteriormente, se resulta admitido para iniciar o procedemento, xa na fase de asesoramento deberá volver a cubrilo para ser valorado polo asesor.
O cuestionario de autoevalución é un documento para ser usado pola persoa candidata coa finalidade de que reflexione acerca da súa profesionalidade con respecto á unidade de competencia a acreditar e tomar conciencia das competencias profesionais que posúe .
Pode ser realizado:
- Previamente á realización da inscrición no procedemento, o que permitiralle á persoa candidata orientarse e solicitar aquelas unidades de competencia nas que pode ter máis opcións de ser avaliado positivamente.
- Unha vez admitido no procedemento, na fase de de asesoramento, coa axuda do asesor ou asesora.
A ter en conta para cubrir o cuestionario.
Conteste a este cuestionario de xeito sincero. O seu resultado servirá soamente de axuda, orientando en que medida posúe a competencia profesional da unidade de competencia, expresando o grao de dominio e/ou autonomía da persoa candidata nunha escala de 1 a 4, respecto as actividades establecidas no cuestionario.
Cando realice o cuestionario non terá un resultado numérico; con independencia do resultado desta autoavaliación, vostede ten dereito a participar no procedemento de avaliación, sempre que cumpra os requisitos de admisión da convocatoria.
Instrucións para cubrir o cuestionario.
Cada actividade profesional principal (APP) componse de varias actividades profesionais secundarias (APS).
Lea atentamente cada APP e a continuación as súas APS. En cada APS marque cunha cruz o indicador de autoavaliación que considere máis axustado ao seu grao de dominio das APS en base aos seguintes indicadores:
- Non o sei facer.
- Pódoo facer con axuda.
- Pódoo facer sen precisar axuda.
- Pódoo facer sen precisar axuda, e mesmo podería formar outra traballadora ou traballador