Cuestionario de autoavaliación

Esta páxina ten a única finalidade de que vostede se oriente e valore a procedencia de presentarse ao proceso de acreditación de competencias nas unidades de competencia que considere. Permite cubrir os cuestionarios de avaliación a título persoal e os resultados non se gardan na aplicación. Posteriormente, se resulta admitido para iniciar o procedemento, xa na fase de asesoramento deberá volver a cubrilo para ser valorado polo asesor.
O cuestionario de autoevalución é un documento para ser usado pola persoa candidata coa finalidade de que reflexione acerca da súa profesionalidade con respecto á unidade de competencia a acreditar e tomar conciencia das competencias profesionais que posúe .

 

Pode ser realizado:

  1. Previamente á realización da inscrición no procedemento, o que permitiralle á persoa candidata orientarse e solicitar aquelas unidades de competencia nas que pode ter máis opcións de ser avaliado positivamente.
  2. Unha vez admitido no procedemento, na fase de de asesoramento, coa axuda do asesor ou asesora.

A ter en conta para cubrir o cuestionario.
Conteste a este cuestionario de xeito sincero. O seu resultado servirá soamente de axuda, orientando en que medida posúe a competencia profesional da unidade de competencia, expresando o grao de dominio e/ou autonomía da persoa candidata nunha escala de 1 a 4, respecto as actividades establecidas no cuestionario.
Cando realice o cuestionario non terá un resultado numérico; con independencia do resultado desta autoavaliación, vostede ten dereito a participar no procedemento de avaliación, sempre que cumpra os requisitos de admisión da convocatoria.


Instrucións para cubrir o cuestionario.
Cada actividade profesional principal (APP) componse de varias actividades profesionais secundarias (APS).
Lea atentamente cada APP e a continuación as súas APS. En cada APS marque cunha cruz o indicador de autoavaliación que considere máis axustado ao seu grao de dominio das APS en base aos seguintes indicadores:

  1. Non o sei facer.
  2. Pódoo facer con axuda.
  3. Pódoo facer sen precisar axuda.
  4. Pódoo facer sen precisar axuda, e mesmo podería formar outra traballadora ou traballador

 


Filtros para a busca
Galego Castelán