Axuda para a consulta de unidades de competencia acreditadas
Para descargar os certificados das Unidades de Competencia que teña demostradas é necesario que se identifique mediante Chave 365, ou DNI electrónico ou un certificado dixital admitido (por exemplo da FNMT):
1º- Prema no "botón de acendido" na esquina superior dereita da pantalla.
2º- Seleccione a súa forma de identificación
3º Unha vez identificado/a pode acceder á descarga dos certificados
> mediante á pestana <<2.5 Procura de unidades de competencia acreditadas>>, ou
> na pestana <<2.2 Edición de solicitudes e consulta de expediente>> para acceder aos certificados. Deberá premer no Código de Verificación Electrónica (CVE) de cada unidade de competencia demostrada e seguir a ruta marcada para a súa descarga e posterior impresión.