Axuda para a consulta de unidades de competencia acreditadas

Para descargar os certificados das Unidades de Competencia que teña demostradas é necesario que se identifique mediante Chave 365, ou DNI electrónico  ou un certificado dixital admitido (por exemplo da FNMT):

 

1º- Prema no "botón de acendido" na esquina superior dereita da pantalla.

 

 

2º- Seleccione a súa forma de identificación

 

 

3º Unha vez identificado/a pode acceder á descarga dos certificados

 >  mediante á pestana <<2.5 Procura de unidades de competencia acreditadas>>, ou

 > na pestana  <<2.2 Edición de solicitudes e consulta de expediente>> para acceder aos certificados. Deberá premer no Código de Verificación Electrónica (CVE) de cada unidade de competencia demostrada e seguir a ruta marcada para a súa descarga e posterior impresión.

 

O acceso con código e PIN quedou eliminado. Para calquera actuación na aplicación, a partir do de agora, deberá dispoñer de certificado dixital, DNI eletrónico ou Chave 365 e seguir os pasos enriba indicados.