Axuda para a consulta de unidades de competencia acreditadas

Pode descargar os certificados das unidades de competencia que teña demostradas accedendo a aplicación mediante o DNI electrónico, o certificado dixital FNMT ou a Chave 365. Para identificarse deberá ENTRAR premendo no botón de acendido na parte superior dereita da pantalla, como se indica na imaxe seguinte. Axuda acceso aplicación

Abra o menú para elixir a forma de acceso.

Unha vez identificado/a acceda á pestana <<2.5 Procura de unidades de competencia acreditadas>> ou na pestana  <<2.2 Edición de solicitudes e consulta de expediente>> para acceder aos certificados. Deberá premer no Código de Verificación Electrónica (CVE) de cada unidade de competencia demostrada e seguir a ruta marcada para a súa descarga e posterior impresión. 

O acceso con código e PIN quedou eliminado. Para calquera actuación na aplicación, a partir do de agora, deberá dispoñer de certificado dixital, DNI eletrónico ou Chave 365 e seguir os pasos enriba indicados.