Gallego

G1702044 - Trinity College. GESE graos 10 e 11. Nivel C1

Summary: 
Probas de acreditación de inglés C1
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten interese en facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. A tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse ao exame Trinity GESE C1 desenvolto polo Trinity College.

Referencia: G1702044
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  21/05/2018  -  25/05/2018
Data límite de inscrición: 06/04/2018
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Prazas:  50

Certificación C1 Trinity GESE

Para máis información preme aquí.

Trinity College London
Trinity College London

G1702042 - Trinity College. GESE graos 7 a 9. Nivel B2

Summary: 
Probas de acreditación de inglés B2
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten interese en facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. A tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse ao exame Trinity GESE B2 desenvolto polo Trinity College.

Referencia: G1702042
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  21/05/2018  -  25/05/2018
Data límite de inscrición: 06/04/2018
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Prazas:  50

Certificación B2 Trinity GESE

Para máis información preme aquí.

Trinity College London
Trinity College London

XIX Edición do Foro Galego de Igualdade

Summary: 
XIX edición do Foro Galego de Educación en Igualdade. Ferramentas e experiencias educativas para a prevención da violencia de xénero.
Gallego

G1714004  XIX Foro galego de educación en igualdade. Plan Proxecta. Curso 2017-2018 

Terá lugar na EGAP o venres 6 e o sábado 7 de abril de 2018 en horario de 16.00 a 19.30 e de 10.00 a 19.30 respectivamente.

Esta actividade terá unha certificación de 12 horas de formación.

Máis información en http://igualdade.xunta.gal/gl

XIX Foro galego de educación en igualdade
XIX Foro galego de educación en igualdade

S1701054 Claves para unha comunicación eficaz

Summary: 
Non é o que dixo senón como o dixo
Gallego
Se aplicaramos a proporción para lograr a perfección na comunicación, deberíase escoitar dúas veces e falar unha. E aínda que esta é unha boa práctica, trátase máis ben de esforzarnos en “comunicar”, de harmonizar o que pensamos, sentimos e dicimos antes de falar. Trátase de escoitar e non de oír ao outro, de comprender e non de interpretar o que dixo. Pódese practicar escoitar, escribir, ler ben e deste xeito, coidar a nosa conexión co mundo. E na organización, evitar os subentendidos, sobreentendidos ou malos entendidos. Non todas nin todos somos excelentes comunicadores, pero con certos puntos claves e co interese que lle poñamos ás situacións de comunicación podemos adestrar ata lograr unha comunicación efectiva, ou o que é o mesmo que logre o propósito de transmitir ou recibir a mensaxe “orixinal”.
 
Referencia: S1701054
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 12/04/2018  -  31/05/2018
Data límite de inscrición: 29/03/2018
Lugar: Santiago de Compostela (Biblioteca e Aula 9 do CAFI)
Prazas:  25
Horas:  20
 

Datas                 Horario             Aulas         Relator
12 - 04 - 2018    18:00 - 21:00    Biblioteca    Pablo García Ferradás
19 - 04 - 2018    18:00 - 21:00    Aula 9         Pablo García Ferradás
26 - 04 - 2018    18:00 - 20:00    Aula 9         Pablo García Ferradás
03 - 05 - 2018    18:00 - 21:00    Aula 9         Santiago Martínez Suárez
10 - 05 - 2108    18:00 - 21:00    Aula 9         Santiago Martínez Suárez
24 - 05 - 2018    18:00 - 21:00    Aula 9         Santiago Martínez Suárez
31 - 05 - 2018    18:00 - 21:00    Aula 9         Santiago Martínez Suárez

Para máis información, preme aquí.

Claves para unha comunicación eficaz
Claves para unha comunicación eficaz

Xornadas de Educación Inclusiva 2017 2018

Gallego

Actividade dirixida ao profesorado de todas as etapas educativas que ten por obxecto sensibilizar e afondar no coñecemento da transformación cara a unha escola inclusiva, na que o maior valor da diversidade é que é a propia diferenza a que nos fai iguais.
Convértese esta xornada nun espazo de inclusión no que teñen cabida as entidades sen ánimo de lucro que colaboran na educación do noso alumnado, e no que se dá visibilidade a proxectos inclusivos tanto da nosa comunidade autónoma coma doutras do territorio nacional. Destácanse os valores de esforzo, superación e o reto que supón a educación para as persoas que presentan necesidades específicas de apoio educativo.

Data de inicio: 17 de marzo

Lugar: Cidade da Cultura de Galicia. Salón de convencións. Edificio CINC. Santiago de Compostela

Número de horas: 8

Para máis información premer na ligazón.

Educación Inclusiva
Educación inclusiva

Visita do Consejero de Educación y Cultura do Gobierno del Principado de Asturias

Summary: 
Genaro Alonso Megido, Consejero de Educación y Cultura do Gobierno del Principado de Asturias, visita as instalacións do CAFI
Gallego

O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) recibiu no día de hoxe a visita do Consejero de Educación y Cultura do Gobierno del Principado de Asturias, Genaro Alonso Megido. Estivo acompañado polas autoridades da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Durante o percorrido polas dependencias, foi informado sobre as estruturas da Formación do Profesorado da Consellería de Educación da Xunta de Galicia e sobre as liñas estratéxicas para o desenvolvemento da competencia dixital dos docentes e do alumnado galego.

D. Genaro Alonso coñeceu o programa de dixitalización das aulas, o proxecto E-Dixgal; puido comprobar o equipamento co que contan os centros galegos (equipos ultraportátiles, robótica, impresoras 3D) e viu mostras do traballo realizado por docentes que gozaron de licenzas por formación para crearen materiais didácticos.

O Consejero de Educación tamén coñeceu as diferentes funcións dos asesores da Rede de Formación: atención a centros e equipos directivos, formación na Rede, organización de actividades presenciais...

Visita do Consejero de Educación (Principado de Asturias)
Visita do Consejero de Educación (Principado de Asturias)

G1702007 - Xornada Educación Dixital

Summary: 
Conferencias, experiencias de centros, obradoiros, laboratorio de ideas... Tecnoloxía e educación nunha xornada que terá lugar o sábado 21 de abril. INSCRIBETE EN FPROFE! (código G1702007)
Gallego

Aínda está aberto o prazo para inscribirse na Xornada Educación Dixital que terá lugar o sábado 21 de abril en Santiago de Compostela. Tecnoloxía, creatividade, robótica, audiovisuais, pensamento visual... e moitas máis temáticas estarán presentes nesta xornada. 

Obxectivos:

1.Promover o intercambio de experiencias e boas prácticas con tecnoloxía dixital.
2.Impulsar e apoiar o compromiso do profesorado na aplicación das tecnoloxías dixitais aos procesos de ensino-aprendizaxe.
3.Reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das tecnoloxías na aula e nos centros educativos.

Esta xornada pretende ademais visibilizar boas prácticas de centros educativos da nosa comunidade. Se queres presentar algunha experiencia, tes ata o 2 de marzo para enviárnola accedendo ao formulario desta ligazón (identifícate coa túa conta corporativa).

Xornada Educación Dixital (imaxe)
Xornada Educación Dixital

G1701021 - As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade

Summary: 
Últimos días para inscribirse no curso "As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade". Este curso está dirixido a profesorado de Educación Musical e Educación Física.
Gallego

Este domingo 25 de febreiro remata o prazo de inscrición para o curso "As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade". Este curso está dirixido a profesorado de Educación Musical e Educación Física.

Obxectivos:

1.Coñecer e integrar as principais ferramentas TIC na aula de educación física ou musical.
2.Transmitir e comunicar a información en distintos soportes.
3.Coñecer e fomentar as boas prácticas de integración e dinamización TIC nas áreas de educación física e musical.

Horas: 30 horas.

Modalidade: Na Rede, en PLATEGA.

Datas: Do luns 12 de marzo ata o 29 de abril de 2018.

As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade (imaxe)
As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade

G1702039 Trinity College. GESE grados 7 a 9. Nivel B2

Summary: 
Probas de acreditación de inglés B2
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten interese en facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. A tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería dará a oportunidade de presentarse ao exame Trinity GESE B2 desenvolto polo Trinity College.

Referencia: G1702039
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  03/04/2018  -  06/04/2018
Data límite de inscrición: 04/03/2018
Lugar: Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)
Prazas:  100
Certificación B2 Trinity GESE

Para máis información preme aquí.

Trinity
Trinity

Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés

Summary: 
Cursos intensivos de preparación das probas de certificación das EEOOII de inglés
Gallego

Se ata agora estiveches sen tempo para preparar as probas de certificación das EEOOII de Inglés, agora é o teu momento. Xa non hai escusa. Tes ao teu dispor varios cursos para formarte e abordar estas probas en Santiago de Compostela e en Ribeira.

- Santiago de Compostela (preme no apartado correspondente e terás información máis cumprida dos horarios de cada curso)

     - S1701205 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B1

     - S1701203 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B2

     - S1701202 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés C1

- Ribeira (preme no apartado correspondente e terás información máis cumprida dos horarios de cada curso)

     - S1701206 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B1

     - S1701204 Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés B2

Preparación EEOOII Inglés
Preparación EEOOII Inglés