Gallego

Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 2020/2021

Gallego

Xúntase o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2020/2021. 

Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 2020/21

Formación aberta: Introdución ao ensino mixto

Summary: 

Novo curso na sección de formación aberta en Platega
Gallego

O CAFI pon á disposición do profesorado galego un novo curso na sección de formación aberta en Platega, co título Introdución ao ensino mixto: https://www.edu.xunta.gal/platega/course/view.php?id=825

Esta versión xeral, aberta, non titorizada e non certificable, ofrece un primeiro achegamento  ao ensino mixto adaptable para todos os niveis educativos. Inclúe aportacións de profesionais e institucións sobre esta modadidade de ensino co obxectivo de explorar aspectos que se poidan incorporar á propia práctica, no deseño de secuencias didácticas integradas dentro das opcións que ofrece o ecosistema dixital galego para organizar e estruturar o noso traballo nun espazo virtual.
Completarase no vindeiro curso con versións titorizadas e certificables que abordarán contidos específicos para o profesorado das diferentes etapas educativas.

Así mesmo, recordámosvos que na sección de formación aberta en Platega contamos con outros cursos orientados á aprendizaxe no manexo de ferramentas e metodoloxías orientadas á docencia mixta ou na Rede.

Estes cursos non requiren inscrición en fprofe e estarán dispoñibles en Platega por tempo ilimitado mediante as credenciais de acceso da conta corporativa e automatrícula nos mesmos.

Para acceder a estes contidos poderase escribir “formación aberta” na caixa de busca de cursos ou directamente a través da seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/platega/course/index.php?categoryid=98

eninomixto

PHET Simulacións interactivas

Gallego

PHET Simulacións interactivas: portal da Universidade de Colorado que permite realizar diferentes simulacións interactivas en ciencias e matemáticas.

PHET Simulacións interactivas

Novo espazo de recursos e orientacións para o ensino a distancia

Summary: 

Novo espazo na sección de Formación aberta en Platega
Gallego

Dende o CAFI poñemos a disposición do profesorado, na nosa sección de Formación aberta en Platega o espazo Recursos e orientacións para o ensino a distancia

Este espazo, que non é un curso de formación en si mesmo, consitúe unha recopilación de información útil para o profesorado sobre as ferramentas e posibilidades de desenvolvemento do ensino non presencial na actual situación de emerxencia sanitaria.

Trátase dun espazo vivo que contén ligazóns a titoriais, artigos, bancos de recursos e outros espazos na Rede, organizados nas seguintes categorías:

  1. Antes de comezar...
  2. A contorna virtual
  3. Ferramentas de comunicación
  4. Busca e curación de contidos
  5. Creación de contidos
  6. Metodoloxía e atención á diversidade
  7. Outros espazos, recursos e exemplos

O espazo continuará a ser actualizado, polo que recomendamos visitalo con frecuencia.

Podedes acceder directamente, sen ser preciso automatriculación, na seguinte ligazón.

Para calquera consulta ou suxerencia podedes escribir ao enderezo cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal

foramción
formación

Open culture

Gallego

Open culture: colección de recursos para a aprendizaxe de 48 linguas creados por gobernos, universidades e institucións privadas.

Open culture

OER Commons

Gallego

OER Commons: repositorio de recursos que permite buscar por materia, nivel (primaria, secundaria, post-secundaria) ou tipo de material (avaliación, diagrama, xogo, unidade didáctica, simulación, tarefa, etc). 

OER Commons