Gallego

Xornada de educación na Maker Faire 2021

Summary: 

Xornada virtual educativa dentro da Maker Faire Galicia 2021
Gallego

O vindeiro 4 de xuño desenvolverase durante todo o día a xornada de Educación no Museo Gaiás virtual, réplica do museo físico do complexo compostelán. Esta xornada inclúese dentro da Maker Faire Galicia que volve na súa sétima edición de xeito 100% online.

Nesta interesante xornada haberá stands informativos, charlas con profesionais de referencia na educación, obradoiros prácticos así como unha exposición online de proxectos e premios.

Se no voso centro educativo (centro de educación primaria, secundaria, FP ou facultade universitaria) tedes un proxecto innovador e sorprendente, podedes amosalo e participar nesta xornada, onde compartiredes coñecemento coa comunidade educativa interesada na cultura maker. 

 Os proxectos seleccionados competirán en tres categorías:

  • Minimaker (ata 12 anos)
  • Maker (de 12 a 18 anos)
  • Maker pro (a partir de 18 anos)

Os participantes no proxecto (docentes e alumnado) realizaran unha presentación diante dun xurado experto que premiará a aqueles máis innovadores.

Se queredes inscribir o voso proxecto deixade os vosos datos de contacto neste formulario.

Podes atopar máis información da edición anterior na páxina web da Maker Faire Galicia e na publicación de Aula Nova.

 

Xornada Educativa na Maker Faire Galicia

Espazo Educar

Summary: 

Curso de iniciación ás ferramentas dixitais educativas
Gallego

Dende o martes 27 de abril e ata o luns 10 de maio, terá lugar un curso de iniciación ás ferramentas dixitais educativas e estará dirixido á nais e pais do alumnado.

O curso terá lugar no CPI Cabo da Area de Laxe na aula de informática do edificio de secundaria.

Será impartido por o formador Óscar Rey Calo.

Espazo Educar
Espazo Educar

Dispoñibles as maquetas dos cursos de ferramentas dixitais, cursos básico e avanzado

Summary: 

Dispoñibles na web do CFR da Coruña as maquetas dos cursos básico e avanzado de ferramentas dixitais para o profesorado
Gallego
maqueta cursos básico e avanzado
maqueta cursos básico e avanzado

Arduino Day 2021. Feira de proxectos na rede

Summary: 

Celebración anual de proxectos abertos baseados na placa Arduino.
Gallego

O Arduino Day é  unha celebración de aniversario da placa Arduino a nivel mundial que este ano tivo lugar o 27 de marzo. Desde Aula  Nova non queriamos deixar pasar a ocasión de celebralo ao grande cunha feira virtual de proxectos na rede de todos os centros galegos.

Queriamos encher a rede de proxectos baseados en Arduino e dar voz a eses profesionais da educación, para iso programamos  tuits en Twitter durante todo o día compartindo unhas tarxetas informativas cos datos, de tal maneira que se querías  replicar o proxecto atoparás a información e puidéselo desenvolver. O hashtag empregado foi #ArduinoD21.

Un total de 28 proxectos, de varios niveis de consecución, foron presentados ao longo da xornada. Na tarxeta, ademáis dos datos do docente e do seu centro podería atoparse unha imaxe do proxecto e un código qr que enlazaba a unha páxina web, un vídeo o un documento con inforamción complementaria, de tal xeito que calquera docente interesado fora quen de replicalo na súa aula. Os docentes recibiron un certificado da súa participación e contribución práctica a xornada.

Todos os proxectos están recollidos nunha publicación do blogue de Aula Nova onde visibilizamos estas boas prácticas dos docentes galego.

 

Arduino Day feira de proxectos
Arduino Day Feira de proxectos

UDC. Ferramentas Tecnolóxicas para Docentes

Summary: 

O CFR da Coruña e a Facultade de Ciencias da Educación colaboran na formación do profesorado
Gallego
 A Coruña, 19 de abril de 2021.- O Centro de Formación e Recursos da Coruña colaborou coa Facultade de Ciencias da Educación organizando conxuntamente o evento formativo: UDC. Ferramentas Tecnolóxicas para Docentes, que se desenvolveu de forma telepresencial no marco do Practicum II. O tema central foi o fortalecemento das competencias dixitais do futuro profesorado de infantil e primaria, mediante o achegamento a recursos que serán de g ran interese no exercicio da súa profesión.   
 
 
Ciencias da educación
Ciencias da educación

Comparte a túa experiencia na xornada Educación Dixital 20-21.

Summary: 

A educación dixital agora máis presente ca nunca! Este último ano foi un constante reto a moitos niveis. As tecnoloxías da información e da comunicación foron integradas no ensino, converténdose en aliadas para sempre. Comparte a túa experiencia na xornada Educación Dixital 20-21.O prazo remata o día 16 de abril. Anímate e participa!
Undefined

Como ben sabemos, este último ano foi un constante reto a moitos niveis, por suposto tamén no educativo. As tecnoloxías da información e da comunicación foron nalgúns casos unha axuda esporádica e improvisada, pero en moitos outros foron integradas no ensino, converténdose en aliadas para sempre.

Ante esta situación de cambio:

  • Levaches a cabo nunha contorna dixital ou híbrida metodoloxías nas que o alumnado é o protagonista da aprendizaxe?

  • Aproveitaches as posibilidades das ferramentas ou contidos dixitais como apoio a esas metodoloxías?

  • Empregas as TIC de xeito integrado na aula para fomentar nos rapaces e rapazas a curiosidade, a indagación, a creatividade ou o traballo en equipo?

  • Desenvolveches estratexias de comunicación efectivas co alumnado e coas familias?

  • Creaches contidos para a túa aula con ferramentas dixitais?

Se queres compartir a túa experiencia fronte a este importante reto co resto do profesorado convidámoste a que o fagas na xornada Educación Dixital 20-21.

Achega a información sobre a túa experiencia nesta ligazón (para cubrir o formulario debes identifícarte coa túa conta corporativa e premer en “matricúlame”)

De ser seleccionada, poderás presentala, ou ben a través dunha intervención por videoconferencia, ou  formando parte dun panel de experiencias na xornada Educación Dixital que se celebrará o próximo 8 de maio a través da Rede.

O prazo para a achega de experiencias remata o día 15 de abril.

Anímate e participa!

Tamén podes asistir como participante. A inscrición xa está aberta en fprofe co código G2002140.

Se precisas facer algunha consulta respecto á achega de experiencias podes escribir ao enderezo electrónico cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal

Departamento de Educación Dixital do CAFI.

Data: 

09/04/2021 - 16/04/2021

Áreas-CAFI: