Gallego

Relación definitiva de plans de formación permanente do profesorado

Summary: 

Relación definitiva dos centros educativos públicos dependentes da Consellería nos que se van implantar plans de formación permanente do profesorado no curso 2012/2013
Gallego

Xúntase a Proposta de resolución do 15 de outubro de 2012 pola que se fai pública a relación definitiva dos centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitarianos que se van implantar plans de formación permanente do profesorado no curso 2012-2013, conforme aos criterios de selección recollidos na Resolución do 22 de maio de 2012 (DOG do 28).

aula

Fin do prazo de presentación de solicitudes de GT e Seminarios

Gallego

Prazos:

  • Preinscrición: Ata 10 de outubro, a traves da aplicación informática Fprofe
  • Elaboración do proxecto e solicitude de participación: Ata o 31 de outubro tamén a través de Fprofe e en papel.

Documentación:

  • Solicitude de participación: Anexo I da convocatoria debidamente cumplimentado no rexistro do CFR
  • Proxecto segundo o guión do Anexo II que deberá subirse tamén á aplicación Fprofe
  • Memorial final: 31 de maio 2013. Anexo III tamén subida á Fprofe
plan anual 2012
plan anual 2012

Estadías formativas en empresas ou institucións

Summary: 

Vintenove profesores de Formación Profesional realizarán Estadías Formativas en Empresas ou Institucións entre os meses de maio e setembro de 2012.
Gallego

Vintenove profesores de Formación Profesional realizarán Estadías Formativas en Empresas ou Institucións entre os meses de maio e setembro de 2012. Destas estadías, 5 pertencen a modalidade B2 (a realizar fóra da nosa comunidade) e se levarán a cabo en países como Alemaña, Irlanda o Portugal. Estas actividades formativas están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Na seguinte ligazón pódese descargar a RESOLUCIÓN DEFINITIVA.

estadias

Listado da asesoría de Formación Profesional de Galicia

Gallego

ASESORES

ASESORES

ASESORES

ASESORES

ASESORES

ASESORES

ASESORES

asesores FP

Información sobre estadías

Gallego

Que son?
Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de empresas ou institucións para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.
Convocatoria
Normalmente publícase no mes de Febreiro. Na convocatoria ofértanse prazas en empresas para profesorado das distintas familias profesionais, froito dos acordos da Subdirección de FP con empresas e entidades de ámbito nacional. Tamén ofrécese a posibilidade de que as persoas interesadas poidan solicitar acudir a empresas, nacionais ou de países da Unión Europea, coas que tiveran contactado pola súa conta.
Destinatarios
O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:

  • Ser funcionario/a dalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, ou das artes plásticas e o deseño.
  • Estar en situación de servizo activo e prestar servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional.

Periodo de realización

Poden desenvolverse dende finais do mes de abril ata a primeira semana de setembro, exceptuando o mes de agosto. Pódese solicitar acudir á empresa un mínimo de 40 horas e un máximo de 160 horas, repartidas en sesións diarias de entre 4 e 8 horas ininterrompidas.

Obxectivos

  • Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
  • Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.

 

 

 

bane estadias