Gallego

G 1601009 Xestión administrativa e comercial avanzada con aplicación informática

Summary: 

Curso do plan anual 2016-17 para profesorado da familia de Administración e Xestión
Gallego

A partir do vindeiro 3 de outubro,  iniciarase un curso na Rede programado para profesorado da familia de Administración e Xestión “Xestión Administrativa e comercial avanzada con aplicación informática”.

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática FactuSol, así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase ata o 30 de novembro. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a  titora  propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do correo electrónico e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que os titores  establezan.
Ligazón Fprofe:

http://www.edu.xunta.gal/fprofe

xestión administrativa e comercial con aplicación informática
G1601009 Xestión administrativa e comercial

S1601019 O Imposto sobre Sociedades (IS). Unha aproximación práctica

Summary: 

ACTIVIDADE DO PLAN ANUAL DE FORMACIÓN DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2016-2017
Gallego

Destinatarios:    Ciclos formativos de administración e xestión
    511101 - Catedráticos de ensino secundario. Administración de empresas
    590101 - Profesorado de ensino secundario. Administración de empresas
    591222 - Profesores técnicos de formación profesional. Proceso de xestión administrativa.

Datas / horario: 24 e 26 de outubro; 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23 e 28 de novembro

Lugar de celebración: Aula 1.10 do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI)

Obxectivos:
1.Analizar a normativa do IS en vigor
2.Coñecer o proceso de elaboración do imposto de sociedades
3.Realizar supostos prácticos de aplicación

Contidos:
1.Obriga de declarar, suxeitos pasivos do imposto, prazos de presentación das obrigas fiscais e modelos a presentar. Supostos prácticos.
2.Resultado contable antes de impostos e liquidación do imposto. Supostos prácticos.
3.Axustes extracontables: imputación temporal, amortizacións, deterioros, gastos no deducibles, operacións vinculadas. Réxime especial de PEMES. Supostos prácticos.
4.Deducións, reducións, cálculo da cota íntegra, retencións, ingresos a conta e pagos fraccionados. Supostos prácticos.

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73673

IS
IS

C1601015 Talla e decoración de froitas e hortalizas na restauración

Summary: 

Do 5 ao 7 de setembro no CEIP Paseo das Pontes.
Gallego

Obxectivos 1.Realizar operacións de talla e decoración de froitas e hortalizas para o acabamento e a presentación de bebidas sinxelas ou combinadas, seleccionando as máis adecuadas ao tipo de bebida, e exemplificando posibles alternativas 2.Executar a montaxe e o acabamento de bufés libres, autoservizo e análogos, utilizando froitas e hortalizas talladas, traballadas e decoradas que formen parte do contido ou do continente da oferta, así como propor e describir 3.Tallar, embelecer e tratar (deshidratación, combinación, etc.) froitas e hortalizas para o seu posterior emprego como elemento decorativo en mesas de restaurante, menús gastronómicos, etc. Observacións Lugar de celebración: CIFP Paseo das Pontes. CONTENIDOS.- -Historia y desarrollo de la talla de frutas y verduras · Talla china, tailandesa , italiana, … - Conocer las diferentes herramientas y útiles para la talla · Materiales y texturas de corte · Utilización del cuchillo, partes y técnicas de corte · Uso de las gubias y sus variantes · Cuchillo tailandés · Herramientas especiales: acanalador, peladores, etc… - Selección de las frutas y verduras · Maduración, color, textura, tamaño, … - Conservación : · Temperaturas · Oxidación - Tallado práctico de frutas y verduras · Realización de pequeñas decoraciones · Realización de flores · Realización de grandes piezas Lugar de celebración: CIFP Paseo das Pontes.

Froitas decoradas
Froitas decoradas

S1601024 Técnicas de microscopía

Summary: 

O curso S1601024 Técnicas de microscopía celebrarase no IES Lamas de Abade o vindeiro mes de setembro
Gallego

Curso incluído no Plan de Formación 2016-17 destinado ao profesorado da familia de Sanidade.

Datas de celebración: 5, 6 e 7 de setembro

Duración da actividade: 20 horas

Lugar de celebración: IES Lamas de Abade. Santiago de Compostela

Obxectivos:

1.Coñecer os fundamentos das distintas técnicas de microscopía (fluorescencia, campo escuro, contraste de fases, microscopio invertido).

2.Aplicar as técnicas de microscopía, coñecendo o axuste e mantemento dos equipos microscópicos.

3.Recoñecer as estruturas celulares e non celulares en diferentes mostras.

Contidos:

1.Fundamentos das técnicas de microscopía.

2.Axuste e mantemento dos microscopios.

3.Preparación de mostras en función do tipo de microscopía.

4.Identificación de estruturas nas distintas mostras.

Enlace a Fprofe: http://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73681

 

Técnicas de microscopía

G1603002 Comunicación e oratoria

Summary: 

Curso “Comunicación e oratoria” incluído no Plan de Formación 2016-17 , que se vai celebrar o vindeiro mes de setembro.
Gallego

Destinatarios : Profesorado de Bacharelato, Ciclos formativos e Educación secundaria obrigatoria

Datas do curso:   8 e 9 de setembro en horario  de 10 a 14 horas

Lugar de celebración: aula 11-CAFI

Horas presenciais: 8

Obxectivos  :

1.Comunicar con coherencia. Delatores de nervios.

2.Implicar, captar a atención, motivar e conseguir clases máis dinámicas.

3.Elevar a confianza nun mesmo, a ilusión, a motivación e os desexos de pasar á acción.

Contidos:

Día 8:  Autocoñecemento. Descubrir as fortalezas. O segredo do bon orador. Os novos modelos da comunicación.

Día 9: As  etapas do proceso comunicativo. O discurso. A linguaxe positiva. Presentación do proxecto.

Enlace a Fprofe:

http://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73664

 

G1603002_Comunicación e oratoria

C1601001: Implementación dunha tenda virtual con software libre

Summary: 

Curso presencial do Plan Anual de Formación Profesional que se celebrará na Coruña do 7 ao 13 de setembro.
Gallego

Referencia: C1601001

Temporalización: 07/09/2016 - 13/09/2016

Data límite de inscrición na fprofe: 19/08/2016

Lugar de celebración: CFR A Coruña

Horas: 25 (de 09:00 a 14:00 horas)

Destinatarios:

 Ciclos formativos  Comercio e márketing  Ciclos formativos de grao medio  Ciclos formativos de grao superior

Corpos e especialidades:

511110 - Catedráticos de ensino secundario. Organización e xestión comercial 590110 - Profesores de ensino secundario. Organización e xestión comercial 591221 - Profesores técnicos de formación profesional. Procesos comerciais

Obxectivos

1. Crear unha tenda on line coa axuda de Prestashop

2. Xestionar e supervisar unha tenda on line con Prestashop

3. Empregar a ferramenta para aproveitar Internet como canal de venda.

Contidos

1. Instalación da aplicación.

2. Configuración e personalización.

3. Xestión de pedidos e clientes.

4. Ferramentas de márketing e promoción.

Programa

C1601001: Implementación dunha tenda virtual con software libre

S1601002 Iniciación aos autómatas

Summary: 

Despois da boa valoración acadada por este curso na súa pasada edición celebrada en Pontevedra dentro do anterior plan anual de formación do profesorado, volvese a ofertar nesta ocasión en Santiago de Compostela.
Gallego

Esta é unha actividade formativa dirixida ao profesorado da familia profesional de instalación e mantemento, aínda que é previsible que poida ser admitido o profesorado doutras familias profesionais onde tamén se traballa con autómatas, coma as de Electricidade e electrónica ou a de Química.

O seu obxectivo é formar aos asistentes nos fundamentos dos autómatas partindo de que non teñen coñecemento algún e mais para darlle materiais e ferramentas de utilidade para o ensino dos mesmos. O enfoque da actividade será práctico, traballando con autómatas de Siemens coa linguaxe de programación Step 7 e a contorna de programación de autómatas Simatic S7 Professional V13. De xeito complementario vaise traballar co estándar de programación de autómatas Codesys, co software de simulación de autómatas PLCsim e mais co software de emulación de maquetas para autómatas Siemens VirtualmkTCP.

A actividade celebrarase na aula 110 do CAFI en horario de 9-15, entre os días 4 e 8 de xullo.

Data de comezo: 4/7/2016

Data de finalización: 8/7/2016

Lugar de celebración: CAFI

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73650

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=726

Iniacion aos automatas

S1602002 Xornadas de transporte e mantemento de vehículos

Gallego

Data: 

07/09/2016 - 08/09/2016

Lugar: 

CIFP Politécnico de Santiago

Horario: 

De 9:30 a 15:30 e de 15:30 a 19:30

Sección: 

S1602002 Xornadas de transporte e mantemento de vehículos

Summary: 

As Xornadas de Transporte e mantemento de Vehículos volven a celebrarse no CIFP Politécnico de Santiago na primeira semana de Setembro.
Gallego

Data de comezo: 7/09/2013
Data de finalización: 8/09/2013
Lugar de realización: CIFP Politécnico de Santiago
Número de Horas totais: 16
Enlace a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=73683
Enlace á aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=272

Organización das Xornadas

Como en anteriores edicións, celebraránse 3 obradoiros prácticos en paralelo que se repetirán os días 7 e 8. Cada asistente poderá participar en alo menos dous destes obradoiros.

Ainda que non figura na seguinte temporalización, o mercores día 7 de 9:30 a 10:00 terá lugar a presentación das Xornadas no salón de actos do CIFP Politécnico.

  Bosch Audatex Cars marobe
9:30-13:30 Breve descrición do ABS, funcionamento e evolución.
Sistema de regulación dinámica de marcha ( ESP).
Evolucións do sistema (ESP) funcionamento e variantes.
Descrición dos distintos compoñentes do sistema.
Características e funcións adicionais.
Introdución. Como realizar unha valoración.
Práctica  -  Familiarización con AudaPlus.
Símbolos básicos.
Baremo de pintura Cesvimap.
Exercicio 1  -  Pintura Cesvimap.
Baremo de pintura Centro Zaragoza.
Modificacións.
Exercicio 2  -  Pintura Centro Zaragoza.
Baremo de pintura Fabricante.
Exercicio 3  -  Pintura do fabricante.
IRE Estimador intelixente de Reparacións.
Audamobile.
Circuíto de alimentación.
Tipos de inxección.
Unidade de bomba de combustible.
Práctica: Control de baixa presión.
Bomba de alta presión.
Regulador de caudal de combustible.
Práctica: Control de alta presión.
Electro-inxectores.
Práctica: Control eléctrico de inxectores.
Sistema de acendido.
Práctica: Estudo dos oscilogramas de acendido.
13:30-15:30 Descanso / Xantar
15:30-19:30 Comprobación do sistema co equipo de diagnose no vehículo.
Ver valores dos compoñentes do sistema (sensores).
Comprobación do grupo hidráulico (actuadores).
Produtos CSA.
Eliminación da constante de pintura.
Pintura manual e tratamentos anticorrosivos.
Mecánica e Mantementos.
Inpart Recambio alternativo.
Exercicio 4  -  Resumo do visto.
Utilidades do sistema. Fotografías.
Valor comercial.
Configuración do sistema e área xestión usuarios.
Sistema de distribución variable.
Sistema de admisión variable.
Práctica: Control do sistema de distribución variable.
Práctica: Comprobación do funcionamento do sistema de admisión guiada e variable de aire.

Preinscrición nos Obradoiros

Como cada obradoiro contará cun máximo de 20 prazas, é preciso facer unha distribución dos asistentes entre os diferentes obradoiros segundo as súas preferencias. Para facelo ao longo da presentación das Xornadas (o día 7 no salón de actos do CIFP Politécnico entre ás 9:30 e 10:00) porase a disposición dos participantes unhas follas de inscrición, nas que os asistentes poderán elixir os dous obradoiros da súa preferencia.

Reserva para o xantar

Cada asistente deberá asumir o custe do seu xantar. Porén, para aqueles que estiveran interesados, ofrecerase a posibilidade de que se fagan as reserva nalgún dos restaurantes próximos ao centro educativo con prezos de menú do día económicos. Para iso, xunto coas follas para a inscrición nos obradoiros de cada día, haberá unhas follas para apuntarse de xeito que se poida saber o número de persoas da reserva en cada un dos restaurantes.

Xornadas TMV