Gallego

C1901152 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Todos os mércores non festivos dende o 12 de febreiro ao 1 de abril
Gallego

Data: 

12/02/2020 - 01/04/2020

Lugar: 

CFR da Coruña, salón de Actos da UNED

Tema: 

Sección: 

C1901152 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Estase a celebrar no CFR da Coruña a actividade formativa Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía todos os mércores non festivos dende o 12 de febreiro ao 1 de abril.
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía
Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

G1901072 - A educación ambiental na economía circular

Summary: 

O obxectivo desta actividade é que o profesorado tome conciencia da importancia que ten a educación ambiental para abandonar o caduco modelo de economía lineal e transitar cara a un circular no que se prime a redución de residuos e a transformación destes en recursos.
Gallego

Dirixida a profesorado de infantil e primaria.

Código en fprofe: G1901072

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Datas: 3 de febreiro ao 20 de marzo do 2020

Na Rede

Obxectivo da actividade: Que o profesorado tome conciencia da importancia que ten a educación ambiental para abandonar o caduco modelo de economía lineal e transitar cara a un circular no que se prime a redución de residuos e a transformación destes en recursos.

G1901072 - A educación ambiental na economía circular

Angélica Sátiro en Dombate

Summary: 

Charla café de Angélica Sátiro en Dombate o 12 de xuño ás 17:00
Gallego

Café – coloquio con Angélica Sátiro
Creatividade en Infantil e Primaria
 

12 de xuño ás 17 horas no Centro de interpretación
Dolmen de Dombate
 
http://www.angelicasatiro.net/el-pais-entrevista-angelica-satiro-sobre-como-despertar-la-creatividad

Con máis de 200 libros pedagóxicos publicados e innumerables publicacións sobre creatividade e pensamento crítico na infancia, Angélica Sátiro é unha firme defensora de fomentar o pensamento crítico nos nenos, intentando que o sistema educativo conxugue o reflexivo co autónomo. Nos máis de trinta anos dedicados a educación foi conferenciante, creadora e asesora de proxectos de innovación educativa en máis dunha ducia de países de Europa e América. Outra das súas liñas de traballo é a chamada filosofía para nenos, avogando por aproveitar cada situación cotiá para que os nenos aprendan a pensar de forma creativa.

Angélica Sátiro
Angélica Sátiro

VII Encontros de Educación Infantil e Primaria

Summary: 

Encontros de Educación Infantil e Primaria 2019
Gallego

Data de celebración: sábado 11 de maio

Lugar de celebración: Auditorio Abanca (Preguntoiro 23) Santiago de Compostela

Horario: 9:30 -  20:00h

Horas: 8 horas

A celebración dos VII Encontros de Educación Infantil e educación primaria xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e facer visible boas prácticas de aula. Para a elaboración do programa tivéronse en conta as orientacións da Unión Europea en materia educativa, e recollidas na LOMCE que apostan por metodoloxías activas e contextualizadas que se axusten ao nivel competencial do alumnado e que favorezan a motivación por aprender.

Obxectivos:

-Analizar a situación do ensino en educación infantil e educación primaria na actualidade

-Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas

-Propiciar o intercambio de experiencias de boas prácticas entre o profesorado

 

INSCRICIÓN EN FPROFE: G1803008 Encontros de Educación Infantil e Primaria

 

Encontros
Encontros Educación Infantil e Primaria

Felicitación de Nadal 2018

Summary: 

O CAFI deséxavos unhas felices festas!
Gallego
Felicitación de Nadal 2018
Felicitación de Nadal 2018

C1703007: III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas

Summary: 

Desenvolveranse no CFR da Coruña, salón de actos da UNED os días 25 e 26 de abril e o 2 de maio.
Gallego

III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas

Competencias profesionais:

Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e Afín.

Investigador/a e innovador/a - Realización e execución de propostas.

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Encontros

Referencia: C1703007
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización:  25/04/2018  -  02/05/2018
Data límite de inscrición: 16/04/2018
Lugar: CFR A Coruña
Prazas:  200

Horas totais

Horas presenciais: 12
Horas non presenciais: 0
 

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
592 - Profesores de escolas oficiais de idiomas
593 - Catedráticos de música e artes escénicas
594 - Profesores de música e artes escénicas
595 - Profesores de artes plásticas e deseño
596 - Mestres de taller de artes plásticas e deseño
597 - Mestres

Criterios de selección:Os criterios xerais do plan anual de formación

Obxectivos

1.Dinamizar e impulsar a reflexión sobre a práctica educativa nos centros escolares.

2.Presentar experiencias educativas innovadoras e coñecer recursos, materiais e iniciativas que favorezan a innovación na aula.

3.Construír unha comunidade de intercambio de boas prácticas educativas.

Contidos

1.Retos educativos da sociedade actual.

2.Innovación educativa e mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe nas aulas.

3.Ensino por competencias e implicacións didácticas no centro educativo.

4.Estratexias innovadoras nos procesos de aprendizaxe.

5.Experiencias de aula nos centros educativos.

6.Liñas actuais de investigación didáctica.

 

 

 

Horario
Día Horas Duración Observacións
25/04/2018 17:00  -  21:00 4.0 horas III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas
26/04/2018 17:00  -  21:00 4.0 horas III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas
02/05/2018 17:00  -  21:00 4.0 horas

III Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas

 

Asesor responsable da actividade

Asesor:  FOLGAR CASTELO, MARÍA ARÁNZAZU

Enderezo Electrónicoaranchafolgar@edu.xunta.es

cartaz boas prácticas
cartaz boas prácticas

VI Encontros de Educación Infantil e Primaria

Summary: 

A celebración dos VI Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e facer visible boas prácticas de aula.
Gallego

INSCRICIÓN EN FPROFE: Código da actividade: G1703002

Data de celebración: sábado 5 de maio

Lugar de celebración: Auditorio Abanca / Santiago de Compostela

Horario: 9:30 -  20:00h

Xuntamos Programa da Actividade

Horas: 8 horas

A celebración dos VI Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e facer visible boas prácticas de aula. Para a elaboración do programa tivéronse en conta as orientacións da Unión Europea en materia educativa, e recollidas na LOMCE, que apostan por metodoloxías activas e contextualizadas que se axusten ao nivel competencial do alumnado e que favorezan a motivación por aprender.

Obxectivos:

-Analizar a situación do ensino en educación infantil e educación primaria na actualidade

-Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas

-Propiciar o intercambio de experiencias de boas prácticas entre o profesorado

Xúntase Programa

 

A escola que queremos
A escola que queremos

Desenvolvemento da creatividade en infantil e primaria a través de dispositivos móbiles

Summary: 

Matrícula aberta ata o 22/01/2018
Gallego

S1701057 Desenvolvemento da creatividade en infantil e primaria a través de dispositivos móbiles

Forma de participación: Curso presencial

Competencias profesionais: Educador/a guía no proceso ensino-aprendizaxe - Didácticas específicas, metodoloxías, TAC e ALFIN. Competente en TIC-Software

Lugar de realización: Centro Autonómico de Formación e Innovación Educativa (CAFI)

Temporalización: 31/01/2018-21/03/2018

Horas presenciais: 20

Data límite de inscrición: 22/01/2018

Prazas: 25

Destinatarios: Mestres de educación infantil e primaria

Obxectivos:

1.Coñecer metodoloxías, estratexias e ferramentas útiles para o desenvolvemento da creatividade.

2.Integrar os dispositivos móbiles no traballo da creatividade.

3.Sensibilizar o profesorado da importancia de fomentar a creatividade no alumnado.

Contidos:

1.Utilización significativa de dispositivos en experiencias de aprendizaxe.

2.Aplicacións educativas que axudan a expresar a creatividade do alumnado.

3.Metodoloxías activas con dispositivos móbiles.

 

Asesora: VIEITES SALVADO, MARÍA CARMEN

Enderezo electrónico: mcvieites@edu.xunta.es

 

 

 

 

 

 

Creatividade e DDMM
Creatividade e DDMM